|
Adibiñábase
unha batería de cincuenta grandes elementos enlazados por
fíos metálicos que ían sumirse nun fanal de
vidro, erguido sobre un soporte cilíndrico. Dentro notábanse
catro variñas ou piares unidos en arco pola parte superior
e, entre elas, dúas barriñas prismáticas de
carbón, como de dúas liñas de groso. Os prismas
estaban conectados cos polos da batería, recibindo un a corrente
positiva e a negativa o outro.
De
súpeto, en silencio, como obra de espíritos, unha
luz branquísima e potente xurdira no aire e estaba alí
inmóbil, sobrenatural, alumeando cun lóstrego lívido
o claustro enteiro.
Aquel
chorro lumínico dotado dunha brillantez que non se resistía
nin mirándoo de lonxe, saltaba audaz sobre todas as cabezas,
quebrándose nos muros, na xanela, na cornixa; penetraba ousado
polas arcadas aventando a escuridade das coxías os
cóengos apartáronse esquivando a exhibición,
voaba ata a torre da Compañía que se crera alumeada
por espléndido luar e bañaba delectado á Minerva
do tímpano, a quen as pétreas entrañas deberon
axitárselle de ledicia.
A
noite está varrida da terra, exclamou o bibliotecario.
|
|
|