|
Anoite
asistimos a unha velada especial. Os ilustres científicos
da nosa Universidade demostraron no patio da Facultade que se pode
crear luz da nada. Esta é a primeira vez -e así nolo
aseguraron numerosos estudiosos da ciencia moderna- que en toda
España se fai unha cousa similar.
Non sabemos cal será o noso proveito para a nosa vida social
ou para xeracións vindeiras, pero a "luz eléctrica",
que é así como lle chaman científicos coma
o Sr. Casares -egrexio científico e profesor- a estas chamas
lumínicas dá mostra do bo facer da nosa comunidade
científica e de que a chama do progreso segue vive nesta
nosa Galicia, habitualmente tan esquencida dos beneficios que os
homes de ciencia levan ós pobos ricos.
A
exposición A noite está varrida da terra recrea
esta época de descubrimentos e de como a luz eléctrica
pouco a pouco foi chegando a tódolos campos da vida galega
dende o seu descubrimento.
A exposición, organizada pola Sección de Ciencia,
Tecnoloxía e Sociedade do Consello da Cultura Galega co patrocinio
de Unión Fenosa e da Universidade de Santiago, pódese
visitar na Igrexa da Universidade, en Compostela, ata o 30 de xuño.
Deseño: Manuel Gago
Producción: Lorena Rodríguez
Con textos e imaxes do equipo de deseño e montaxe da exposición
"A noite está varrida da terra".
|
 |
|