|
|
UN MANUSCRITO
ENTROIDEIRO
Un pequeno tesouro
da nosa sociedade tradicional:
un manuscrito de coplas orixinais de entroido redactado en Cecebre
(Cambre, A Coruña) polo labrego Eugenio Carro Eiroa, en 1913.
No seu tempo foran cantadas por tódolos lugares da zona como
acompañamento das comparsas, mesmo participando nos festivais
de entroido da cidade da Coruña.
As coplas son enxeñosas burlas e ironías sobre familias
e personaxes de Cecebre e reflicten o modo de vida tradicional da
época.
O que aquí podes descargar son unha pequena parte dos manuscritos
que se conservan de Eugenio Carro, cedidos polo seu neto, Antonio
Montero. Están en Adobe PDF. Para velas e imprimilas precisas
o Adobe Acrobat Reader. Se non o tes, podes descargalo nesta web:
http://www.adobe.com/products/acrobat/readstep2.html
PINCHA
AQUÍ PARA DESCARGAR AS COPLAS
|