
Dioniso, deus grego da celebración e da
ledicia de vivir
A tradición celta é unha das posibles
orixes
da festa do entroido

Na Idade Media
comezou en Europa o
entroido tal e coma o coñecemos hoxe
|
DE TEMPOS
IGNOTOS: AS ORIXES DO ENTROIDO
O entroido vense
celebrando en toda europa desde tempos ignotos.
Moitos sitúan a súa orixe na tradición
celta
outros atribúen á adoración a Dionisos ou a
Baco o comezo desta celebración.
Coa chegada do cristianismo o seu posible significado de festa de
despedida do máis duro inverno
mesturouse coa despedida da carne antes do período de abstiñencia
da Coresma.
De feito, as
denominacións destas na maior parte de europa teñen
este sentido orixinal: desde o "Carne Vale" (Adeus á
carne") ó "Introitum" co significado de entrada
á Coresma, tódolos calificativos para o Entroido fan
referencia a que esta é unha época
de carne
(no sentido literal e no metafórico da Igrexa): "Carnal"
na Idade Media, "Canestoltes" en Cataluña, "Carnestollendas"
(de "carne" e "tolere", "levar a carne").
Carnisprivium, Canelevamen e formas semellantes en Francia, "darrers
dies" (de carne) en Baleares...
O entroido
é desde sempre a subversión, a volta
ó mundo do revés,
a ruptura das convencións sociais e o cambio de roles. O
comer,
beber e cantar
ata rachar, o rirse do máis sagrado... todas son características
comúns destes días.
|