Correo Busca en CG
Subscríbete
 
inicio
 
 



 

 

 

 

 

 

[Os parques son escollidos entre as paraxes máis virxes e menos alteradas polo home]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[O estatuto permitirá unha dotación orzamentaria para o coidado das Illas Atlánticas]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[Cíes, Sálvora e Ons, 2772 hectáreas de especies mariñas]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

[O parque foi aprobado con maioria absoluta da Camara Galega]

PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

Escolle un tema

-¿Cal é a normativa que sirve para crear un parque nacional?


-¿Qué supón que sexan declarados como Parque Nacional?

-Cíes, Ons e Sálvora, ou o que é o mesmo Illas Atlánticas.

-Historia do proceso de creación do parque





-¿Parque Nacional?

Existe moitas figuras de protección dun espacio do medio ambiente: os Parques, as Reservas Naturais, Monumentos Naturais e Paisaxes Protexidas. Diferentes nomenclaturas que teñen uns lindes que non resultan claros moitas veces. Agora ben, a lei 4/81989, modificada pola 41/1997 de 5 de novembro establece as características e as normas reguladoras dos Parques Nacionais, e defíneos como "áreas naturais, pouco transformadas pola explotación e ocupación humana que, polo que atinxe á beleza das súas paisaxes, á representatividade dos seus ecosistemas ou á singularidade da súa fauna ou das súas formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos e científícos; así a súa conservación merece unha atención permanente."

Os Parques Naturais diferéncianse do outro tipo de figuras polo grado de alteración do home sobre o medio, unha características de virxindade, que merece máis atención, preocupación e coidado por parte dos expertos.

Sen valernos do tópico das dúas Españas, a verde e a húmida, resulta curiosos destacar que con Galicia á cabeza, Castela e León, A Rioxa e Estremadura a penas protexeron áreas naturais. Se As Illas Atlánticas se configuran como Parque Nacional, este sería o primeiro de Parque destas características en Galicia e o décimo terceiro que se crea e cataloga en España.


 

 


¿Qué supón que sexan declarados como Parque Nacional?

Que os arquipélagos das Ons, Cies e Sálvora se configuren como parque nacional, implica entre outras cousas, garantir o seu estado actual durante moito tempo, a pervivencia, catalogación e estudio das súa flora e da súa fauna, unha restricción no número de visitas, así como unha vixiancia máis exhaustiva que garante a perpetuación do espacio protexido en boas condicións.

Un coidado e unha xestión compartida entre as diferentes Administración Públicas, para o que se creou a Comisión Nacional de Protección da Natureza, un órgano consultivo formado por representates dos Estado e das Comunidades Autónomas.

Nun primeiro momento a dotación presupostaria para a conservación dos Parque Nacionais era extraída directamente dos Presupostos Xerais do Estado, sen embargo, como a materia de medio ambiente é unha competencia cedida ás comunidades autónomas, dende 1997 ha de establecerse un acordo previo coa Comunidade afectada, quen, incluirá ademais, unha parte correspondente do seu orzamento.

 

 



Cíes, Ons e Sálvora, ou o que é o mesmo Illas Atlánticas.

Á espera da aprobación no Congreso, o proxecto de lei inclúe e cataloga dentro do parque: as illas Cíes, Ons e Sálvora. Malia que as peticións do grupo da oposición eran moito máis ambiciosas. De momento están garantido que o Parque Nacional das Illas Atlánticas terán como mínimo unha extensión de 2.772 hectáreas que pretende garantir a pervivencia da numerosa flora e fauna que utiliza este espacio como morada ou como zona de paso nos seus movementos migratorios.

De se constituirse como Parque Nacional, esta zona verde protexerá á numerosa variedade de flora e de fauna arraigada neste enclave. As Illas Atlánticas significan bastante máis que unha oferta de turismo e de lecer, nas que están catalogadas máis de 2.300 especies faunísticas así como unha variada oferta vexetal.

 

 

 

Historia dun proceso

A)Cronoloxía

21 de novembro: aprobación no Parlamento de Galicia con maioría absoluta do proxecto de lei do Parque Nacional das Illas Atlánticas

4 de decembro: o pleno do Parlamento de Galicia designou ós seus representantes ante o Congreso para defender a proposición de lei no Parlamento do Estado. Os membros designados son Manuel Casares González do Partido Popular, María Rosa Darriba, do Bloque Nacionalista Galego, e Miguel Cortizo do Partido Socialista de Galicia.

B)De seguido poderás ver as noticias que publican os diferentes medios sobre o proceso de creación das Illas Atlánticas. Este dossier irase ampliando a medida que

http://www.ecomedio.com.ar/documentos/noticias/n_noticia240.htm

http://www.culturagalega.org/sociedade/soc_221101.htm

 

 

 
 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000