Correo Busca en CG
Subscríbete
 
inicio
 
 

1.- Rede Natura 2000

Ata o momento a maior parte dos espacios verdes de Galicia incluíanse dentro do programa Red Natura 2000. Unha rede ecolóxica a nivel europeo que establece un sistema de conservación dos hábitats naturais, así como un sistema de protección global das especies. Divididos en dous tipos de espacios (os ZEC -zonas especiais de conservación- e ZEPA -zonas de especial protección para as aves-). Natura 2000 goza dun sistema moi codificado, normalizado e normativizado sobre os obxectivos comúns que atinxen a tódalas redes de espacios que forman parte do seu programa. Así a conservación dos hábitats, as especies e a biodiversidade son os principais piares deste programa.

 
 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000