|
| Inicio > A Coruña > Contexto > A historia da prensa galega: un fecundo espertar |
A prensa galega ao principio do século XX A inicios do século XX podemos salientar a existencia en Galicia –ademais das xa citadas La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Correo Gallego e Diario de Pontevedra- de cabeceiras de gran repercusión social como El Ideal Gallego (1917), El Noroeste, El Progreso (1908), La Región (1910), El Heraldo de Galicia, La Zarpa (1921), A Nosa Terra (1907) ou o Galicia (1922) de Paz Andrade. No ano 1920 nacerá Nós, a gran revista cultural galega que xorde da man das Irmandades para traernos o cosmopolitismo e situar a Galicia como célula universal. Xosé Ramón Barreiro Fernández, quen recolle datos ofrecidos polo profesor Palomares Ibáñez con respecto á prensa galega e española no período 1913-1927, indica que “a situación non só non mellorou senón que empeorou á altura dos anos vinte xa que temos que en Galicia unicamente hai 95 periódicos por 2.210 do resto de España” . Deste cento de medios impresos, o catedrático Barreiro Fernández salienta que os máis importantes do momento en Galicia, segundo a súa tiraxe, eran Faro de Vigo e La Voz de Galicia (entre 12.000 e 15.000 exemplares); Galicia (12.000 exemplares); El Ideal Gallego (entre 6.000 e 10.000 exemplares), El Noroeste (entre 6.000 e 7.000 exemplares) e, finalmente El Correo Gallego (6.000 exemplares). A prensa galega madurou profundamente nunhas décadas. O desafío do novo século trouxo un xornalismo marcado polas ideas pero tamén polo obxectivo informativo e comercial. A ditadura de Primo de Rivera sería o primeiro aviso do fin deste despegue informativo. |
|
| Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia. Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago Redacción e produción: Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega) Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org) Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG) Montse Pena (Sección de Literatura do CCG) Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago Infografía: Manuel Gago “Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire” |