Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Habana > Quen é quen > Waldo Álvarez Insua

A emigración cubana
Naceu en Estrada en 1858. Xornalista e avogado. Chegou a Cuba en 1877. Traballou como escribán nun xulgado de primeira instancia e máis tarde como avogado. En 1878 fundou o semanario El Eco de Galicia, desde as páxinas deste xornal propuxo a creación do Centro Gallego, do cal chegou a ser elixido vicepresidente en 1887 e director da sección de sanidade en 1888. En 1891 foi tamén secretario da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia. Álvarez Insua foi un dos principais representantes do rexionalismo galego na emigración. Así, foi autor do prólogo do libro de Manuel Murguía El Regionalismo Gallego, editado en Cuba en 1885. Entre as súas obras podemos destacar: Galicia contemporánea: páginas de viaje (1889), froito da súa viaxe a Galiza o ano anterior; El problema cubano (1897) e a novela Finis. Últimos días de España en Cuba (1901).

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”