Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Habana > Quen é quen > José Castro González "CHANE"

A emigración cubana

José Castro, máis coñecido como “Chané”, foi un dos máis importantes músicos galegos. Naceu en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 1856. Era Catedrático de Belas Artes na Coruña. Foi director do “Orfeón Coruñés” e máis tarde da coral “El Eco”. Con esta coral obtivo moitos galardóns pero malia o seu recoñecido prestixio, a cátedra que rexentaba na Coruña foi suprimida, e por esa razón tivo que emigrar. Deste xeito chegou a Cuba en 1893 e alí dirixiu o orfeón “Ecos de Galicia”. Foi mestre de música no “Centro Gallego” e colaborador noutras entidades galegas: “Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia” e na “Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega”. Faleceu na Habana o 27 de xaneiro de 1917.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”