Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Habana > Quen é quen > Manuel Curros Enríquez

A emigración cubana

Naceu en Celanova en 1851. Escritor e xornalista. Chegou a Cuba en 1894. No mesmo ano da súa chegada fundou o semanario La Tierra Gallega. Desde as páxinas deste xornal Curros mantivo intensas polémicas con Waldo Álvarez Insua, á súa vez director do semanario El Eco de Galicia. A política seguida polo Centro Gallego e a construción da casa de saúde “La Benéfica” estaban no cerne da polémica. La Tierra Gallega desapareceu en 1896 tras sufrir dúas sancións gobernativas. Posteriormente, Curros traballou como redactor do xornal Diario de la Marina. En 1905 Curros foi elixido presidente da comisión xestora da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega”, entidade clave para a fundación da Academia Galega en 1906. Faleceu na Habana en 1908.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”