Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Habana > Quen é quen > José Fontenla Leal

A emigración cubana

Naceu en Ferrol en 1865. Impresor. Chegou a Cuba na compaña de seus pais. En 1886 fundou, xunto con Secundino Cora, a publicación mensual Revista de Galicia. Foi bibliotecario da sección de instrución do Centro Gallego. Presidente da sociedade “Unión Redencionista Gallega”. En 1905 tivo un papel fundamental na fundación da “Asociación Iniciadora y Protectora de la Real Academia Gallega”, entidade clave para a fundación da Academia Galega en Galiza. Tamén participou activamente na constitución da sociedade “Ferrol y su Comarca”. Destacado bibliofilo, chegou a reunir unha biblioteca de máis de tres mil volumes. En 1917 foi comisionado polo Centro Gallego para acompañar a Galiza as cinzas do mestre “Chané”. Faleceu na Habana en 1919.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”