Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Habana > Quen é quen > María Muñoz de Quevedo

A emigración cubana

Naceu na Coruña o 27 de setembro de 1886. Musicóloga, directora de coros, pianista e animadora cultural. Chegou á Habana tras casar con Antonio Quevedo. En 1920 comeza a impartir concertos na capital de Cuba, estabelecéndose tamén como mestra de música. En 1923 fundou a “Escuela Filarmónica Nacional”. En 1925 creou o Conservatorio “Bach” e no ano 1928 comezou a editar, xunto co seu home , a revista Musicalia. Foi a creadora en 1931 da “Sociedad Coral de La Habana” e no ano 1934 da “Sociedad Musical Universitaria” e posteriormente da “Coral de la Universidad de La Habana” e da “Coral del Colegio de las Dominicas Francesas”. Foi editora, xunto a Juan Ramón Jiménez da revista “Presencia” (1938). Faleceu na Habana en 1947.

Máis información no Album de Mulleres

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”