Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Habana > Quen é quen > Mercedes Vieito Bouza

A emigración cubana

Naceu na Habana en 1887. Filla do emigrante José Vieito natural de Roupar (Xermade-Lugo). Destacou como xornalista e colaboradora da prensa galega en Cuba. No “Diario Español” tiña unha sección fixa que levaba o nome de “Párrafos Gallegos”. Pertenceu á redacción da revista “Galicia” na Habana. Nesta revista destacan os seus escritos en defensa da emigrante galega, excluída das principais institucións societarias da emigración galega na Habana, como o “Centro Gallego”. Participou noutras publicacións: “Follas Novas”, “Boletín de Ferrol y su Comarca”, “Eco de Galicia” e “Heraldo de Galicia”. Tivo moito que ver no nacemento e actividade das sociedades galegas como “Alianza Aresana”, “La Aurora de las Somozas”, “Sociedad Emilia Pardo Bazán”.

 

 

 

 



 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”