Documento sin título
culturagalega.org
logo letras galegas 2006 Free CSS Navigation Menu Designs 2 at exploding-boy.com

Inicio > A Habana > Quiosco > Diario de la Marina

A emigración cubana
Descarga aquí o pdf "Diario de la Marina"

O Diario de la Marina ocupa un lugar sobranceiro na historia da prensa cubana. O seu primeiro director foi Isidoro Araujo de Lira, emigrante natural de Bouzas (Vigo). O xornal viu a luz en 1832 co nome de Noticioso y Lucero. En 1844 o periódico mudou a cabeceira, pasando a denominarse Diario de la Marina. Con este nome publicouse até 1960, ano no que desaparece no contexto da Revolución cubana. O rotativo foi sempre representante dos intereses conservadores e oligárquicos. Até 1898 defendeu a españolidade da illa de Cuba, pasando a partir de entón a ser valedor dos sectores cubanos máis conservadores. Desde que en 1895 o emigrante asturiano Nicolás Rivero asumira a dirección do xornal, Diario de la Marina permaneu nas mans da familia Rivero, que o mantivo como primeiro periódico de Cuba. Á súa redacción pertenceron destacados emigrantes galegos, caso de Ramón Armada Teijeiro, Manuel Curros Enríquez ou Ramón Fernández Mato.

 

 

 

 



Documento sin título
  Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia.
Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago
Redacción e produción:
Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega)
Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org)
Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG)
Montse Pena (Sección de Literatura do CCG)
Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago
Infografía: Manuel Gago
“Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire”