|
| Inicio > A Coruña > Turnistas solidarios |
![]() O turnismo baseouse na creación de dous grandes partidos de notábeis (liberal e conservador) aos que lles correspondía agrupar ao máximo número posíbel de grupos e faccións, co único requisito de aceptar a monarquía alfonsina. Por este motivo coñecíanse como partidos dinásticos. Estes dous partidos turnáronse no poder (de aí o nome de turnismo). A cada mandato dun partido sucedíao un goberno do outro. Deste forma, aínda que deixaban fóra ás minorías carlista e republicana, garantindo unha importante estabilidade, que se traduciu na longa duración do réxime. Para iso había que basearse nun sistema non democrático, aínda que fora de carácter representativo, é dicir, elixíase un parlamento, pero as prácticas caciquís e o gran pacto entre os dous partidos fixo sempre que gañara as eleccións o partido que as convocaba. No sistema da Restauración, o rei nomeaba o goberno, e despois facíanse as eleccións para ese goberno tivera maioría parlamentaria coa que gobernar. |
![]() O desastre colonial de 1898 e a fragmentación dos partidos turnistas puxeron en cuestión o sistema político da Restauración. En efecto, baixo o pulo do rexeneracionismo prodúcese unha crítica da corrupción política, a denuncia do caciquismo e, polo que toca á periferia, censúrase a ineficacia do centralismo da Administración. Fronte a isto, todos os sectores políticos que permanecían fóra do sistema turnista procuran unha modernización da vida política.
En setembro de 1907 ve a luz o Manifiesto Solidario, que fixaba o programa político da organización. A partir deste momento vanse creando os Comités Solidarios en cidades e vilas, celebrándose asemade varios mitins de propaganda, actos nos que interviñeron dirixentes solidarios cataláns.
|
| Un proxecto de culturagalega.org e o Arquivo da Emigración Galega coa colaboración da Sección de Comunicación, a Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega e o Arquivo Sonoro de Galicia. Dirección: Manuel Gago / Marcelino X. Fernández Santiago Redacción e produción: Emilia García, Prudencio Viveiro (Arquivo da Emigración Galega) Xermán Hermida, Santi Montes, Cristina Mouriño (culturagalega.org) Rosa Aneiros, Daniel Salgado (Sección de Comunicación do CCG) Montse Pena (Sección de Literatura do CCG) Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago Infografía: Manuel Gago “Co noso agradecemento á Real Academia Galega, a Manuel Lugrís Rodríguez, e á Consellaría de Cultura polos retratos de Lugrís Freire” |