Os recoñecementos chegan cando xa leva máis de corenta anos de carreira. En 1989 acada o premio Moliére á mellor actriz de teatro e é nominada ós César. Recibe do goberno francés o Premio Nacional de Teatro, e desde España entréganlle a Medalla ó Mérito de Belas Artes. Obtén o premio Segismundo da Asociación de Directores de España e a medalla Castelao da Xunta, que non acode a recoller.

No ano de 1996, María Casares aceptará que os premios de teatro de Galicia levasen o seu nome, a petición da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea.

Morre nese mesmo ano.