Filla de burgueses, neta de burgueses da Coruña, María Casares naceu nun ambiente cultivado en 1922. O seu nome familiar foi Vitola.

María Casares marchou de Galicia ós nove anos. Nunca quixo volver á terra. Segundo ela, a súa herdanza cultural foi: "unha saúde a toda proba, o sentido do vaivén das estacións, o gusto pola natureza, o poder da concentración e da imaxinación, o gusto polos universos poéticos, un carácter forte, unha aceptación viva da vida e da morte..." (da súa autobiografía Residente Privilexiada)