Os seus primeiros pasos no teatro son en Madrid, onde a familia se desprazara tralo nomeamento de Casares Quiroga como Ministro da República. Interpreta a unha meiga chepuda nunha peza de Benavente. Noutra representación coñece a Valle Inclán e a Federico García Lorca. De aquela, o seu interese polo teatro aínda non está consolidado.



Cando estoupa a Guerra Civil, en xullo de 1936, María Casares decide converterse en enfermeira. Os feridos comezan a chegar e sofre varios shocks que fan que o pai a retire do exercicio. Logo marcharán a Barcelona e de alí saltarán a Francia. O apelido Casares Quiroga -cartos a penas teñen- axúdanlles a sobrevivir.