O interese de María Casares polo teatro, á parte dalgunhas obras escolares ou na casa, comezou ó pouco de chegar a Francia e animada pola súa nai. O seu carácter teimudo levouna a traballar arreo e a irse perfeccionando na interpretación. A pesar das dificultades que lle deu o seu acento e o escaso dominio do idioma para entrar no conservatorio, no terceiro intento acadou ser admitida coma alumna en 1941, sendo moi valorada a súa actuación polos avaliadores. Remata os estudios cun exame final  no que interpreta a traxedia "Berenice" polo que obtén un accésit.

O seu primeiro papel profesional foi o da prostituta Elicia na obra "A celestina" no teatro Montparnasse. Axiña acada o protagonismo en "Deirdre das Dores", que representa no teato Les Mathurins, que se convertirá nunha casa para a nova actriz na que gozaría do respecto e admiración de todos durante os tres anos da súa estancia. O teatro era unha das primeiras salas independentes que primaban o teatro de texto fronte ás grandes montaxes.