|
María convértese tamén na protagonista de "O
malentendido", a primeira peza teatral de quen será
o seu amante durante anos, Albert Camus. Con apenas vinte anos,
comeza a ser coñecida e admirada en todo París, tendo
que rexeitar a numerosos pretendentes. Entra no cinema cun papel
secundario nunha película de Marcel Carné, "Os
nenos do paraíso" e pouco despois, en 1944 protagoniza
"As damas do Bosque de Boloña" de Robert Bresson.
Acada o papel protagonista na estrea de "Estado de sitio",
de Camus, e comeza a súa relación con Sartre, Simone
de Beauvoir, Picasso ou Cocteau.
|