En 1957 realiza unha xira co TNP por Sudamérica, durante
a que é homenaxada polos exiliados galegos (Blancoamor, Dieste,
Seoane, Laxeiro...) e se produce o reencontro coa súa lingua.
"Agrádame estar entre a miña xente, en París
non me é posible falar galego aínda que vou a Radio
París ós recitais. Rosalía é a miña
favorita pero tamén Curros, o da esperanza ". "...ás
veces, de súpeto, á volta dun camiño ou en
calquera esquina urbana atopo a saudade. Daquela querería
voltar. Nese mesmo instante. Pero todos nos debemos a un mandato
que temos que cumprir. Pero aínda teño futuro por
diante, e nese futuro véxome en Galicia, polos camiños
de Galicia representando para o meu pobo de dándolle o mellor
do meu espírito". "Son unha parte de Galicia, non
o podo evitar".
|