Dirixida por Jean Cocteau roda a película "Orpheo" (1950) xunto ó actor francés Jean Marais. A súa popularidade xa é universal.
Ten vintesete anos cando entra na Comèdie Francesa, grupo teatral con sede no teatro Odeón. Representa aquí "Seis personaxes en busca de autor" e a Xoana de Arco, entre outros papeis. Tamén participa na adaptación de "A devoción da Cruz", de Calderón de la Barca que realizou Camus.
Durante seis anos colabora co Teatro Nacional Popular (TNP), compañía pública cunha forte preocupación social, e participa na creación e potenciamento do festival de Avignon. Tanto a compañía coma o festival acadan un inmenso prestixio, e María interpreta intensamente: Lady Macbeth, María Tudor, Ana Petrova... En obras de Shakespeare, Victor Hugo ou Chekhov entre moitos outros.
En 1960 sacúdea a morte de Camus nun accidente de tráfico.