|
En 1975 volta a Madrid en tren, e de novo o ano seguinte para representar
"El adefesio" de Alberti. Durante as representacións
enferma de Hepatite en Barcelona e volta á súa casa
de campo en Charente, donde comeza a redacción das súas
memorias, que titularía "Residente Privilexiada"
e que acadarían un grande éxito de público.
Logo de moitos anos de relación casa en 1978 con André
Schlesser, un actor secundario que coñecera durante a súa
participación no TNP, nun acto que María interpreta
coma unha unión simbólica a Francia, país do
que obtén así a nacionalidade que aínda non quixera.
Durante os anos oitenta representa obras coma "A noite de madame
Lucienne", dirixida por Jorge Lavelli, con quen volta traballar
nas "Comedias bárbaras" de Valle-Inclán, que
representa en español en París.
Outras obras nas que participa son "Dostoievski vai á
praia" de Marcos Antonio de la Parra ou "Mein Kampf",
unha sátira sobre o nazismo.
|
|
|