|
Unha
vez Kike Benlloch elaborou o guión e
trazou a trama na que se tecería
o mapa do videoxogo veu o momento de lle dar
forma. E é aquí cando entran en
xogo o debuxante Víctor Rivas e os programadores
informáticos Luz Castro e Diego Vázquez.
Todos eles foron paseniñamente dando
corpo ós textos e esquemas que o guionista
creara. Fóronse creando pantallas,
perfilando as personaxes, os escenarios e todas
as localizacións para obter do guión
un resultado interactivo.
Nese
sentido foille dando a apariencia de xogo conversacional
inspirado en outros xogos que estaban a arrasar
no mundo enteiro, sobre todo os de LucasArts.
E dentro deles o Monkey Island. “O misterio
das sete pezas” foise creando inspirado
na mesma filosofía de traballo que outros
dos videoxogos que se poden atopar no mercado.
O
equipo de Imaxín foi localizando espacios,
fotografiando escenarios que o debuxante incluiría
no videoxogo. E non só os espacios, senón
todos aqueles obxectos identificativos da nosa
cultura que fan que “O misterio das
sete pezas” sexa un producto 100% galego.
Aínda
que pantalla a pantalla, a medida que se vaian
resolvendo os enigmas que teñen a cidade
de Santiago pendurada no aire, desde a propia
creación os seus autores establecen que
non ten porque ser un xogo localista. De feito,
están xogando con iconos perfectamente
recoñecibles e que calquera neno
de calquera parte de Galicia, podería
resolver con facilidade.
E
logo de crear pantallas, imaxes, persoxanes
e gráficos, houbo que poñerlle
voz e música (de Ramón Feáns)
para darlle ese aspecto final, ese toque máis
profesional e interactivo que todos temos en
mente á hora de xogar cun producto deste
tipo.
|