|
|
Do
“Misterio das sete pezas”
reproducíronse unhas 2.000 unidades
que se repartiron, con material de axuda,
nos colexios do Concello de Santiago.
Un material didáctico a través
do que os rapaces puideron xogar, de xeito
normalizado, cun videoxogo feito en Galicia,
en galego e con iconos culturalmente recoñecibles
por todos.
Unha
experiencia positiva que deixou bo sabor
de boca entre o alumnado (principal destinatario),
profesorado, e, como non entre os seus
creadores.
“O
Misterio” foi unha pequeño
rapaz ó que se lle foi dando de
comer pouco a pouco. De feito, desde o
proxecto orixinal ata o resultado final,
houbo notables evolucións, que
se derivaron do interese e da motivación
dos propios creadores. Tanto motivou e
ilusionou ó equipo de Imaxin que
repetirían, sen dubidar, a experiencia.
Ata tal punto que todo o equipo pensan
en que Ana (ou sexa ti) podería
resolver moitos máis enigmas, con
novos amigos, compañeiros e situacións.
|