ESCOLLER
A VELOCIDADE PARA VER OS VIDEOS
Observarás que damos
tres alternativas para ver
os videos: 28 kbs, ADSL e
Universidade.
Para saber cal é a
máis adecuada, explicámoslle
cal é a diferencia:
28 kbps: é a
velocidade que tes se estás
conectado por módem,
dende a casa, e cunha conexión
telefónica a Internet.
Xa sabes, das que se colgan
cada dous por tres ;-)
ADSL: O propio nome
xa o di. Para os usuarios
que teñan instalada
unha liña ADSL.
UNIVERSIDADE:
Son versións de moi
alta calidade pensadas especificamente
para as tres Universidades
galegas e os outros centros
conectados á Autoestrada
Galega da Información.
Se non sabes se o teu centro
está na Autoestrada,
pregunta ó Administrador
de Sistemas do teu organismo.
|
|
|
OS
REPRODUCTORES DE VIDEO
Real Player:
O Realplayer é un reproductor
de audio e de video que permite ver
e oir arquivos gravados neste formato.
Este formato permite transmitir imaxe
e son a través de Internet
cunha grande compresión, de
xeito que o tempo de agarda para acceder
ó arquivo é menor que
con outros formatos. Sen embargo,
a calidade final tamén diminúe
con respecto a sistemas nos que a
información está menos
comprimida.
O Realplayer permite a reproducción
en "streaming", é
dicir, que non cómpre descargar
o arquivo completo antes de velo,
senón que o arquivo vaise descargando
á memoria do computador a medida
que o imos vendo ou escoitando. Na
páxina da ligazón, o
reproductor gratuito está un
pouco agachado. Tes que baixar ata
que atopes un apartado chamado "Other
links" e escoller "Real
Player 8 Basic". Tamén
tes acceso a unha versión de
pago máis completa e de custe
reducido.
http://www.real.com/
Problema: Se sabes que tes
Real Player e non das visto contidos
neste formato, unha das posibles causas
é que se trate dunha versión
vella do programa. Neste caso, o Real
adoita lanzar unha fiestra que che
pide se queres actualizar o programa.
Nese caso dille que si. Se non se
lanza a fiestra, proba a seleccionar
no seu menú "Axuda"
o item "Comprobar actualizacións".
O que fará o Real Player será
porse en contacto cos servidores da
compañía e actualizaranche
automaticamente o software.
Quicktime:
O Quicktime é un formato
que permite a reproducción
de arquivos de video e de audio
da rede cunha grande calidade e
un peso non excesivo. A transmisión
de arquivos realízase en
"streaming", é
dicir, permite a reproducción
de arquivo mentres este se carga,
diminuíndo o tempo de agarda.
Recomendado para cinéfilos
;-)
http://www.apple.com/quicktime/download/
Problema:
Se sabes que tes Quicktime e non
das visto os videos nese formato,
é posible que teñas
unha versión inferior á
4.0 do programa, na que están
codificados os videos de A
Palabra no tempo. Nese caso,
a mellor solución é
ir á URL que che indicamos
no parágrafo anterior e descargar
unha nova versión.
OS
REPRODUCTORES DE MP3
(valen
para escoitar a banda
sonora de Piti Sanz)
Winamp:
(skin en galego)
É o reproductor clásico
para os arquivos de audio MP3. O
Winamp é gratuito e permíteche
organizar os arquivos MP3 descargados
nunha biblioteca. Permíteche
acceder tamén a centos de
emisoras de radio en Internet a
través da súa web
Shoutcast (http://www.shoutcast.com).
Ademais, está traducido
ó galego. Pódelo
descargar dende Galego21.
http://www.galego21.org/xis/software/winamp.htm
Unha
boa alternativa é MusicMatch,
que tamén integra dentro
do programa a visualización
de arquivos de video Windows Media.
http://www.musicmatch.com/
|