.................



Escolle un capítulo


[1.]
A Ponte da morriña
[2.] O país da auga
[3.] A reverensía ó sol
[4.] A ollada asolagada
[5.] Lugar de Teixido
[6.] Terra de Devesas

[7.] Contos de Polavila

 

Ficha técnica:

Ano: 1998
Producción: NEMEDÓN S.L. Produccións Audiovisuais para TVG
Idea orixinal e Guión: Pilar Fanxil, Cristina Santos e Helena Villaress
Dirección: Llorenc Soler
Producción: Cristina Santos
Cámara: Luis Pardo de Vera
Montador: Manuel Viejo
Son: Ramiro Axeitos
Grafismo: Manuel Domiguez
Distribución: NEMEDÓN S.L. e TVG
Televisión: DOCUMENTAL
Cor, 30 m, Galicia, 1998
Versión orixinal: Galego
Música orixinal: Piti Sanz
Sistema: Betacam SP
Emisión: sen emitir
Asesor antropolóxico: Marcial Gondar
Producción subvencionada pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Premio Agapi a mellor producción documental 1998.

 

[1.] A PONTE DA MORRIÑA

A Ponte da Morriña é o primeiro capítulo da serie A palabra no tempo, que ten como obxectivo contribuír á recuperación da literatura de transmisión oral, que vén a ser a representación simbólica dun mundo que se nos vai indo. Neste primeiro capítulo afóndase nas lendas dunha das comarcas máis extensas de Galicia (uns 1.048 quilómetros cadrados), pero moi pouco poboada (só 17.000 habitantes en sete municipios). Sita no sector oriental da provincia de Lugo, ó pé da Serra dos Ancares, xorde un surco de orixe tectónica polo que circula o curso alto do río Navia. Non é de extrañar así que, ademais de ser unha barreira natural que nos separa do resto da península, se precisen de numerosos pontes para unir ambas as dúas beiras do río.

Becerreá, Baralla, Navia de Suarna, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro serven de escenario neste capítulo, que pretende recoller o leigado oral dunha cultura castrexa que aínda permanece tanto na súa xente (na memoria) como nas súas casas (coas súas pallozas) e no seu ambiente.

MIRA AQUI OS VIDEOS

[1.1] A PONTE DA GATIÑA
Ás veces tamén se engana ó demo. Aquí temos unha lenda sobre a construcción dunha ponte, a Ponte da Gatiña.

Elixe como queres velos:
[Real Player]
[Quick Time]

[1.2] AS FORMAS DA PANTASMA
As pantasmas e os medos do pasado adoptan múltiples formas. E este pode ser un bó exemplo.

Elixe como queres velos:
[Real Player]
[Quick Time]

[1..3] SIMBOLOS
As bruxas son a encarnación do mal, pero un fado negativo que pode adoptar moitas formas e símbolos.

Elixe como queres velos:
[Real Player]
[Quick Time]


É ben doado, non te preocupes. Os videos están optimizados para que poidas disfrutar deles con calquera conexión. Mira o noso titorial de multimedia por se todo isto che soa a chinés ou non tes os programas necesarios.


Nemedón S.L. é a productora audiovisual que realizou o proxecto.
Televisión de Galicia é a cadea que financiou en gran medida os custes de producción.
En culturagalega.org: Deseño: Miguel Alonso, Manuel Gago; Producción: Kike Benlloch, Santi Montes, Lorena Rodríguez; Redacción: Cristina Mouriño.

A palabra no tempo
| inicio | os capitulos | a musica | as autoras | o concurso


culturagalega.org ············ ®Consello da Cultura Galega