
| Ficha
técnica: |
|
Ano:
2000
Producción:
NEMEDÓN S.L. Produccións
Audiovisuais para TVG
Idea orixinal e Guión:
Pilar Faxil, Cristina Santos
e Helena Villares
Dirección: Helena
Villares
Entrevistas:
Pilar Faxil
Producción: Cristina
Santos
Cámara: Luis
Pardo de Vera
Montador: Manuel Viejo
Son: Xavier Lemos
Técnico de son:
Gonzalo Gil
Música Orixinal:
Piti Sanz
Voz en off: Luis Iglesia
Posproducción en avid:
Manuel Viejo
Axudante de posroducción:
Nando Basteros
Grafismo: Manuel Domigues
Lingüístas:
Pilar Faxil
Distribución:
NEMEDÓN S.L. e TVG
Televisión:
DOCUMENTAL
Cor, 30 m, Galicia, 2000
Versión orixinal:
Galego
Sistema: Betacam SP
Emisión: sen
emitir
|
|
|
[4.]
A
OLLADA ASOLAGADA
En
Galicia cóntase en moitos
lugares a historia da cidade que
dorme o esquecemento da auga. A
máis coñecida é
a que repousa alagada polas augas
da lagoa de Antela, na Limia: a
que chaman a cidade de Antioquía.
Situada no centro da provincia de
Ourense, a lagoa tamén é coñecida
polo Lago de Beón, orixinario do
bión, o xunco usado para berce do
gando. Antela é diminutivo de anta,
o que fai pensar na anterior existencia
no lugar de antas. Para situarnos,
a lagoa lindaba con Xinzo da Limia,
Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio,
Xunqueira de Ambía, Vilar de Santos,
Rairiz da Veiga e A Poqueira
Dise
moitas veces que a realidade supera
a ficción, e este caso pode
ser un deses que apoia o dito popular.
Nos anos sesenta, a lagoa que alagara
Antioquía foi sepultada.
Esvaeceuse. Destruíuse unha
área de enorme interese ecolóxico
coa que se perdeu tamén parte
do espírito dos habitantes
da comarca que estaban moi unidos
a ese hábitat.
En
1958 comezaron os traballos de desecación
e canalización aducindo para
tales feitos, o saneamento do terreo
e o seu aproveitamento agrícola
ó que seguiría a concentración
parcelaria. Hoxe en día,
A Unesco, a Deputación de Ourense
e os alcaldes da comarca traballan
xuntos nun proxecto común: a recuperación
dos humedais da Lagoa de Antela.
| [4.1]
A
CIDADE DE ANTIOQUIA |
A desecada lagoa de Antela serve de escenario de múltiples lendas
dunha misteriosa cidade alagada
Elixe
como queres velos: |
|
|
|
| [4.2]
CRUCES |
Igual que había no mar, no interior tamén teñen
os seus propios rituais. Era unha forma de escapar do medo á Santa Compaña
e ó Peto das Ánimas.
Elixe
como queres velos: |
|
|
|
[4..3]
VER
A SANTA COMPAÑA
Un
encontro coa procesión
dos mortos. |
Elixe
como queres velos: |
|
|
|
|