Os vellos contos
Mira en video unha ampla escolma dos capítulos
de A Palabra no Tempo.
Mouros, castros, defuntos e libros secretos están
a agardar por ti nas comarcas que percorre a serie.
Adiante
|
|
|
|
Historia do talento
Helena, Pilar e Cristina, de Nemedón S.L.,
son as autoras desta gran producción documental.
Fixeron centos de entrevistas porque "o fundamental
é que falta o pasado e xa non está
no presente".
Lonxe de folclorismos, para elas "é
máis importante a persoa que a personaxe".
Le a reportaxe
|
|
|
|
Unha BSO sorprendente
Piti Sanz, Premio María Casares á
mellor música de teatro nas edicións
de 1999 e 2000 é o autor da banda sonora
da serie. Podes descargar 7 temas completos en
MP3 da ambientación da serie. Épica,
instrumentos tradicionais...
Descarga
|
|
|
|
¿Es un cazahistorias?
¿Os teus avós cóntanche lendas?
¿A túa tía sabe esconxuros?
Pois non dubides en participar no concurso de
recollida de tradición oral que convoca
o Consello da Cultura Galega. As historias que
mandes serán publicadas na nosa web e as
cinco mellores recibirán un agasallo en
libros e CDs.
Entérate
|
|
|
|