| OS
CAMBIOS
GUÍA
RÁPIDA
¿Cal
era a proposta?
Dun xeito rápido, pódese dicir que é un cambio
máis simbólico que real sobre o emprego das palabras
ou a ortografía. Á hora de escribir non se van producir
grandes modificacións a como o facemos agora. Pero aumenta
o número de opcións sobre como podemos escribir as
cousas. E esas opcións son as simbólicas. Por exemplo,
se entenderá como 'normativo' escribir 'Galiza' no canto
de 'Galicia'.
¿Por
que se quería cambiar?
A normativa oficial do galego estivo sometida a grandes discusións
dende que en 1970 a Real Academia Galega, que é quen ten
competencias nesta materia, aproba unha normativa estándar.
O motivo destas discusións era, e é, a relación
do galego co portugués. ¿É o galego un idioma
de seu?¿É unha variante dialectal do tronco común
galego-portugués? A discusión actual que provocou
esta iniciativa tenta por de acordo a aqueles que defenden a normativa
oficial e os que defenden unha postura de 'mínimos' en relación
co portugués. Para saber máis, podes consultar o artigo
de Serafín Alonso sobre esta materia.
¿Quen promoveu a reforma?
Basicamente, os departamentos de galego das tres universidades,
o Instituto da Lingua Galega, a segunda máxima autoridade
na nosa lingua despois da Real Academia, e diferentes entidades
asociativas que defenden e empregan o galego de 'mínimos'.
Os reintegracionistas de 'máximos' non subscriben o acordo.
¿Cal
era o obxectivo destes grupos?
Varios: ampliar a base social do galego, xa que as asociacións
e diferentes entidades que promoven o galego de 'mínimos'
son moi influíntes e activas na sociedade galega. Un acordo
deste tipo ampliaría, segundo estes grupos, o consenso no
ensino e na sociedade en xeral arredor da lingua.
|