|
|
|||
| Correo | Busca en CG |
|
Subscríbete
|
||

![]() |
||
| Nas
últimas Olimpiadas de Sidney 2000, a presencia de signos da cultura
indíxena do país estiveron moi presentes. Existe unha palabra
máxica que se pronuncia sempre en Australia en relación cos
aborixes: a Reconciliación. A reconciliación
de que? Pois basicamente de dous séculos de olvidos conscientes,
de represión e de marxinación social da minoría indíxena
dende que en 1788 Inglaterra establecera a primeira colonia británica
en Sidney Cove. Apropiación das terras, exclusión do acceso
ós mesmos beneficios sociais que os brancos, movementos de poboacións
indíxenas enteiras, asasinatos e matanzas, etc... |
![]() |
Hoxe Australia vive un momento de cambio neste sentido. En 1991, o Parlamento da Commomwealth (un organismo que xunta ás antigas colonias británicas) instituiu o Consello para a Reconciliación cos Aborixes (Council for Aboriginal Reconciliation) e iniciouse un proceso formal de reconciliación que abrangue tanto ós aborixes do continente coma os isleños de Torres Strait, que perderon a independencia do seu territorio da man do goberno colonial a mediados do século XIX. |
A situación actual, segundo informes do propio Goberno australiano, amosa que os indíxenas son o colectivo en peores condicións sociais dun país próspero. As causas, segundo estes informes oficiais, son a colonización, a desposesión das súas terras e a marxinalización forzada, desposuíndoos dos dereitos e oportunidades do resto dos cidadáns. Australia accedeu formalmente á independencia en 1901, cando se creou a súa federación. Os indíxenas foron excluidos do proceso de creación da Dende esta época, o certo é que os aborixes foron capaces de federarse en movementos e organizacións con recoñecemento legal. Por exemplo, en xuño de 1988 varios representantes das tribos do norte e do centro do país presentaron ó Primeiro Ministro de entón, Bob Hawke, unha proposta na que pedían un sistema de autoxestión aborixe, un sistema nacional de deritos da terra,de compensación pola perda das terras, respecto á poboación aborixe e o fin da discriminación en tódolos campos. |
![]() |
A organización indíxena está presente tamén na rede. Hoxe en día, é a propia poboación branca quen asume parte da simboloxía cultural dos nativos como signos identificativos do país, e a arte e a música indíxena viven un importante renacemento. A súa presencia é tamén moi efectiva en Internet, onde existen numerosos recursos sobre a cultura, as linguas |
|
indíxenas e onde se puxeron en marcha sites onde as diferentes comunidades poden colgar a súa información. Constitución
australiana, que discutiu unicamente sobre os asuntos indíxenas
para especificamente negar ó Parlamento a capacidade de facer leis
para os aborixes e excluir a necesidade de contalos no censo xeral. Como
afirmou o político Gough Whitlam en 1997, "A
Federación en si mesma foi creada coa asunción de que os
aborixes, literalmente, desaparecerían".
|
| O primeiro chanzo na reconciliación das dúas comunidades veu dado por un referendum en 1967, no que o cambio constitucional estaba baseado en facultar ó Parlamento para realizar leis sobre os asuntos indíxenas. Foi votado por un 90% dos votantes, o máis amplo "si" dado nun referendum en Australia. nos anos 60, tres anos despois do referendum, cando os ventos de protesta social que movían o mundo farán que a poboación australiana sexa consciente do problema aborixe: en 1965 celébrase a Carreira pola Liberdade no Noroeste do país para expor ó público o racismo e as condicións de marxinalidade da poboación indíxena. | ![]() |