Correo Busca en CG
Subscríbete

  Indíxenas nun país en formación  


Australia é un dos continentes con poboación autóctona máis antiga
, datada con núcleos de continuade humana na escalofriante cifra de 60.000 anos atrás. Os europeos estimaron que nos inicios do século XIX, o continente estaba poboado por arredor de 250.000 á 300.000 persoas divididas en diferentes etnias.

O proceso de colonización de Austrialia foi feito sen contar coa poboación nativa e, en moitos casos, contra ela. No século XIX, a mentalidade racista europea consideraba, en moitos casos, ós indíxenas como animais sen alma, é dicir, non como homes. Se os indíxenas non tiñan almas e non podían ser considerados homes propiamente, os abusos contra eles podían estar xustificados.

 
En 1800, Australia era un reducto de prisioneiros da Coroa Británica. Un sistema carcelario estendíase ó longo das costas do país, ás que eran levados presos de todas partes da coroa británica. Xunto ás cadeas, os asentamentos de colonos comezaban a ser abundantes. En certo xeito, o Goberno Británico facilitou o incremento da poboación colonial a base de conceder unha especie de indultos ós reclusos para traballar nas plantacións coloniais.

Salvado refírese a un episodio ocorrido neste anos que é un bo indicador de como foron as relacións entre europeos e indíxenas na Australia europea. En 1800, un grupo de presos escaparon á selva, onde viviron cos nativos. Para asegurarse a acollida, os convictos convenceron ós nativos que eles eran os seus propios ancestros que resucitaran baixo unha pel branca.

Os escasos contactos que tiveran os nativos coa poboación europea fíxolles confiar nos brancos, crendo que eran realmente os seus irmáns. Pero os fuxidos, unha vez que adquiriran unha certa influencia entre eles, comezaron a abusar da súa posición para os seus propios propósitos.Deste xeito, non só conseguían que os nativos traballaran para eles senón que violaron a numerosas mulleres nativas. Os enfrontamentos entre blancos e indíxenas foron moi grandes e saldáronse con numerosas mortes.

Este é un exemplo do que foron as relacións entre indíxenas e brancos na formación de Australia, pero o choque máis profundo foi o de dúas civilizacións, dous xeitos de vida. Os europeos instalaban granxas e plantacións, o Goberno británico concedía a quen os quixera, e de balde, amplos territorios coa única concesión de que tiñan que traballalos. … é dicir, sedentarizábanse. Sen embargo, os indíxenas australianos levaban un estilo de vida nómada e a chegada de inmigrantes a Australia non fixo máis que reducir o seu espacio vital ata afogalos.

Salvado preocupouse de estudiar o modo de vida e a cultura indíxena. Moitos dos seus valores escapábanselle e el mesmo recoñecía que eran de difícil comprensión. Pero a diferencia doutros etnógrafos do momento, os investigadores adoitan recoñecer a obxectividade das súas observacións.
 
  Os aborixes que vivía nos arredores de Nova Norcia correspondían á tribo dos Yuet, dúas etnias que hoxe están practicamente desaparecidas, das que se coñece moi pouco da súa lingua e que só podemos hoxe descubrir gracias ás narracións de Salvado e outros dous etnógrafos ingleses.