 |
que,
íse o había, só era practicado en casos de extrema
necesidadeî. Deste xeito, a visión occidental de Salvado tendía
a considerar un concepto que a moderna antropoloxía australiana ten
negado: a subordinación completa das mulleres sobre os homes na cultura
indíxena.
Sen embargo,
o seu estudio centrouse
nos aspectos etnográficos, pero non
unicamente nestes. No campo da etnografía, é especialmente
interesante o seu esforzo por comprender o intrincado sistema de organización
social e familiar dos australianos e tamén as súas crenzas
relixiosas. Estas últimas seméllanse
bastante ocultas, "xa que os aborixes cálanas diante de extraños".
Os indíxenas de mediados do XIX tiñan un deus
creador, Mogoton,
e unha especie de demo,
Chienga, que provoca
os furacáns e as tormentas e que vive no centro da terra. Polas noites,
Chienga vaga pola selva, o que provocaba que os indíxenas
nunca se apartaran do lume. Para os aborixes Yuet, a alma é inmortal
e cando os homes morren, escapa ó corpo doutra persoa ou queda pululando
pola selva. Salvado conta un relato dramático
arredor desta crenza: "a miúdo
vin unha muller a quen lle morrera hai pouco o seu fillo levantarse e correr
soa, porque escoitara o melancólico canto dun paxaro nocturo, que
ela cría que era a alma do seu fillo. Ela chamáballe polo
seu nome, o agasallaba con palabras e, chorando amargamente, pedíalle
que volvera con ela". A
organización social dos indíxenas australianos segue o modelo
dos cazadores-recolectores, no que as figuras que son coñecidas xeralmente
como chamáns ou bruxos exercen
un poder sobre a sanación e sobre a morte. De feito, os
indíxenas nunca crían que a morte era algo natural, senón
provocado por un bollias, un bruxo que actuaba na distancia,
e que provocaba a morte dos homes. alimentarios
non eran precisamente abundantes, tendían a protexerse de moitas
formas. Por exemplo, as mulleres non podían
ter máis de A
Salgado fascináballe o sentido práctico dos indíxenas:
"un europeo estaría famento no mesmo lugar
no que un australiano comería abundantemente". Os
grupos, reducidos e operando en zonas nas que os recursos dúas
fillas. A seguintes eran asasinadas nada máis nacer. Pola
contra, os nacementos de varóns eran recibidos con xúbilo.
Sen embargo, Salgado destacouse nos exemplos da dignidade humana dos indíxenas
e nas súas posibilidades de supervivencia. En especial, el estaba
en contra do método seguido polo goberno colonial británico,
polo cal os nenos indíxenas eran levados a escolas para ensinalos
a ler e escribir e despois non lle ofrecían ningunha clase de futuro,
o que os facía retornar ás escolas, ou desenvolver traballos
non retribuídos. Salgado é duro
co goberno e os colonos: "o tratamento
dado ós nativos chama á condena. As brutalidades do home branco,
o envenenamento con arsénico e os asasinatos con arma de fogo son
as principais razóns para un notable descenso da poboación
nativa". |