Correo Busca en CG
Subscríbete
 
Á ventura
 

 

En 1844 un inquedo monxe benedictino de Tuy chegaba ás costas australianas atraído pola paixón evanxelizadora que sempre aparecía, no século dos descubrimentos despois das pegadas dos exploradores e militares que descubrían novas terras lonxe de Europa. Era emprendedor, cheo de sangue vital, curioso, músico, negociante e capaz de moverse con habilidade polos sinuosos terreos do poder eclesiástico e laico.

Foi un dos protagonistas da defensa dos dereitos dos aborixes nun momento de

 
  plena efervescencia colonial e mentalidade racista. Coñecemos a Fray Rosendo Salvado por outra máis polémica faceta. Na viaxe que realizou en 1860 a Europa para recadar fondos para a súa Abadía de New Norcia,Ó oeste de Australia, trouxo un agasallo que segue a levantar agrias polémicas hoxe en día: a semente dos eucaliptos, que plantou no seu xardín e que agasallou ós seus amigos.
 
 

Frai Rosendo Salvado naceu en Tui en 1814. Sería unha cidade que sempre tería en mente, e á que volvería de Australia nunha ocasión entre mostras de fervor popular. En 1898, continuaba recibindo o xornal tudense La Integridad, e pedía que non se lle deixase de mandar. De alí, pasou ó mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, con 15 anos, onde destacara pola súa habilidade coa música como organista ós 20 anos e a súa capacidade de aprendizaxe, unha actitude na que o seu pai, Pedro Salvado, destacara como cantor da catedral de Tui.
A chave que marcou boa parte do destino de Rosendo Salvado veu dada por causas políticas. En 1835, un novo goberno comeza a mandar en España e un ministro con gran influencia na Corte, Mendizábal, decide adoptar unha nova política con respecto á Igrexa e desamortizar os mosteiros para poñelos á venda nun proceso que se coñece como a Desamortización. Non só isto: as ordes monacais, cunha tradición secular, son disoltas. Fray Rosendo era monxe benedictino que non puido ver rematado o seu desexo de tomar os hábitos e ten que volver á súa casa familiar en Tui.