Correo Busca en CG
Subscríbete
  Coa mochila  

En 1838, Fray Rosendo Salvado recibe unha mensaxe dun compañeiro catalán que coñecera en San Martiño Pinario, José Benito Serra, que cos anos acabaría por converterse no seu alter ego e un amigo íntimo. Benito Serra pedíalle que se incorporara ó mosteiro de Cava dei Tirreni, no de aquela Reino de Nápoles.
Para os benedictinos, Nápoles era terra liberada, o que significaba que os mosteiros especializados na
formación de novicios estaban ata os bordes de mozos chegados de todos os países de Europa que estaban a secularizar. Malia todo, Salvado consegue ingresar no convento.

 
  En 1843, ten lugar o feito que marcaría de xeito definitivo o futuro misioneiro de Salvado; tódolos días paseaba con Serra polo bosque do mosteiro. No transcurso da conversación, Serra exprésalle o seu anceio de ir ás misións e, o máis relevante, confésalle que se se decide a ir con el, non o pensaría dúas veces. E iso é o que fan.

En Roma entrevístanse con Monsignor Brunelli, secretario da Congregación para a Propaganda da Fe, unha
 
  especie de Ministerio para a Evanxelización dos Estados Pontificios. Brunelli ábrelles unha posibilidade: a Igrexa Católica quere introducirse no nacente mercado australiano, un remoto e enorme territorio dominado polos ingleses e no que a Igrexa anglicana leva, evidentemente, unha boa ventaxa na conversión dos indíxenas. Que o fenómeno era clave indícao tamén outra cuestión: a expedición a Australia é preparada polo bispo irlandés Joseph Brady. El, Salvado e Serra son recibidos polo mesmo Papa. A expedición prepárase para saír dende Londres.