|
|
O
7 de setembro de 1844, o veleiro Elizabeth deixa o
porto de Gravesend, no estuario do Támesis. Nas súas memorias,
Salvado non agacha a emoción que lle produce
entregarse a unha viaxe de meses polo medio dos océanos: "cando
entramos no estreito de Calais, a furia infernal e os pérfidos elementos,
cando as ondas do océano, agora elevándose como montañas
brancas de escuma, agora afundíndose e mergullándose
o máis profundamente posible, semellaban amenazarnos cunha morte
certa en cada bandazo", ata que chegan o 8 de
xaneiro ás costas de Australia e se hospedan en Fremantle.
Os
primeiros paseos polo lugar dan idea das angueiras dos misioneiros, ávidos
de atoparse coa poboación indíxena.
|
|