Correo Busca en CG
Subscríbete
  No deserto  

O primeiro obxectivo que tiñan os monxes era atopar indíxenas. Falando cos colonos, decatáronse de que os aborixes tiñan un estilo de vida nómada. A primeira pegada deulla un dos terratenentes da zona, quen lle indicou que ó sur da súa prantación existían grupos de individuos movéndose. Cunha compañía en expedición dirixíronse á zona e camiñaron varios días ata que as reservas de auga comezaron a esgotarse.
Coa axuda de dous guías, conseguiron chegar a fontes de auga e instalar un campamento provisional. Aí produciuse o primeiro contacto coa poboación indíxena, non sen medo. Existía a crenza na colonia de que os aborixes eran caníbais.


Se o eran, dende logo non deron mostras. Os primeiros días nos que se instalaron,
 
  os monxes fixeron continuos oficios relixiosos e cantaban a toda voz salmos. Non se trataba, posiblemente, dunha cuestión litúrxica, senón máis ben de atraer a posibles curiosos. Algo que conseguiron, cando un día, á tardiña, observaron como un reducido grupo de indíxenas contemplaba a aquel grupo de homes barbudos e vestidos con roupas cerradas no medio da calor da campiña australiana. De aquela, nunha distancia prudencial, prenderon unha fogueira e pasaron a noite observándoos. Ó día seguinte, apareceron homes armados a esa distancia, e os monxes puxéronse en garda, pero os indíxenas limitáronse a sentar ó redor dunha fogueira.

O contacto viría con posterioridade, cando un fato de homes, mulleres e nenos achegouse ata o campamento e comezou a curiosear o que facían e deixaban de facer. … de supor a ledicia dos misioneiros. A confianza mutua increméntase. Frai Rosendo nárrao este xeito: "con eles, comimos, bebimos e marchamos, e fumos voluntarios para as tarefas que eles estimaban máis pesadas. A miúdo levabamos ós nenos sobre os nosos ombreiros coas súas pernas randeándose na fronte e descubrimos que preferían a nosa compañía á dos seus pais".
 
  Sen embargo, as enfermidades e outros sinsabores fixéronos retroceder de novo á zona europea, ata que quedaron unicamente na expedición Frei Rosendo Salvado e Serra.. Despois destes contactos iniciais, os dous monxes decatáronse de que era moi difícil establecerse e realizar unha acción efectiva se non se establecían nun lugar concreto e fundar un mosteiro. Os obxectivos non eran outros que sedentarizar á poboación indíxena e facela vivir da
  agricultura. … dicir, "occidentalizala". Na mentalidade do século das colonizacións, os europeos que chegaban a novas terras, foran os que fosen os obxectivos que se buscaran, plasmaban nos novos lugares descubertos o modelo de vida occidental. Deste xeito, foi como os dous benedictinos asentáronse nas inmediacións de New Norcia. O labor misioneiro traía consigo paradoxas. En New Norcia, eles crearon unha escola e tiveron que superar os recelos da poboación, que cría ver extraños poderes nos libros e papeis escritos. Pero o proceso de aculturación comezaba.

Un exemplo aconteceu en 1849. Salvado foi enviado a Europa para recadar fondos e capital humano para a misión, e levou con el a dous indíxenas, que mesmo chegaron a ser investidos cos hábitos de monxe polo Papa Pio IX. Despois foron a Nápoles, ó mosteiro de Cava, e alí os indíxenas manifestáronlle que preferían non volver aínda. ¿Por que? Salvado transcribe unha resposta deles que xa nos di moito sobre isto:
 
  "Porque aínda non estudiamos. Así que se volvemos agora, os nosos parentes e amigos nos preguntarían se entendemos os papeis que falan, e se nós sabemos como facelo, e sabemos como facer cabalos e árbores, e cando lle contestemos que non, eles dirán que nós somos coma eles, jun-ar (homes da selva)".