Correo Busca en CG
Subscríbete
  Os indíxenas como estranos  

Rosendo Salvado foi clarividente á hora de evaluar a problemática indíxena en Australia. Neste senso, a súa curiosidade fíxolle recoller e, en moitos casos, respectar a cultura local. O que era extraño na súa época en Australia era a consideración que tiña polos indíxenas..

Afirmar que calquer indíxena tiña a capacidade, con educación, para aprender calquer tipo de disciplina e ciencia, era bastante extraño no contexto colonial. Pero había algo que fallaba. A idea orixinal de Salvado de que os indíxenas foran propietarios de terras e viviran delas en Nova Norcia, de feito, nunca chegou a triunfar. Nun informe que remitiu ó goberno
británico, Salvado desvelou cales podían ser as claves.
 
  Dicía que os indíxenas estaban afectados de "nostalxia", o cal quería dicir inadaptación ás novas estructuras occidentais creadas no medio da selva. O estado "nostálxico" dos indíxenas caracterizábase por períodos de gran fortaleza e de debilidade que se sucedían, o cal os facía incompatibles co traballo occidental e coa aprendizaxe na escola da Abadía de Nova Norcia. E, dicía Salvado, se os indíxenas atopaban extraña a civilización occidental porque xa tiñan unha de seu. Deste xeito, Salvado potenciou máis a agricultura que os estudios académicos.

Salvado visitou Roma á avanzada idade de oitenta e seis anos. Hospedouse no mosteiro de San Pablo Extramuros,
 
onde se convertira nunha figura de referencia para os novos cregos polas súas historias da misión. Morreu o 29 de decembro de 1900 e o seu corpo foi levado de volta para ser enterrado baixo o altar da pequena Catedral de Nova Norcia. A súa memoria segue a ser motivo de investigación nas universidades australianas para comprender a formación do seu país. Na memoria popular, convertiuse nunha figura case lendaria.