|
|
ELADIO
RODRÍGUEZ,
un compromiso coa
cultura desde a prensa
Ademais
do seu importante labor coma lexicógrafo e do seu esforzo
coma poeta, Eladio Rodríguez desenvolveu unha intensa actividade
na prensa galega da época. Xornais e publicacións
das dúas bandas do atlántico contaron coas súas
colaboracións e o seu traballo. Entre as publicacións
que dirixiu atópase algunha tan destacada coma "Nós.
Páxinas Gallegas", antecedente directo da coñecida
revista "Nós".
Xosé López, coordinador
da Sección
de Comunicación do Consello da Cultura Galega
e Marta Pérez, bolseira
de investigación, debullan neste artigo a faceta xornalística
de Eladio Rodríguez.
|