|
ELADIO
RODRÍGUEZ, un compromiso coa cultura desde a prensa Asociacionismo e rutinas laborais Outra das intervencións no campo xornalístico de Eladio Rodríguez ten que ver co asociacionismo profesional, xa que forma parte do grupo de xornalistas que fundan a Asociación da Prensa da Coruña en 1904, institución da que chega a ser presidente uns anos máis tarde. Esta intervención confirma unha vez máis o seu compromiso coa profesión. Otero Pedrayo fala, a este respecto, do sentido do deber de Eladio Rodríguez no traballo periodístico. Fala de dúas mesas nas que exerce o seu traballo: As mesas da administración e a da redacción. Esta última queda descrita polo seu fillo, Rodríguez Yordi, como resposta ó todo coherente da súa tarefa xornalística, "ovalada e única", na que o traballo era individual e especializado, pero na que os temas se debatían para obter diferentes consideracións sobre o que escribía. |
|
|||||||||||||
|
Cultura
Galega.org
|
|||||||||||||||