|
|
|
|
COA
PORTA
ABERTA.
TEXTOS
+textos
" El Noroeste", 10 de setembro de 1918
Coa porta aberta
Os que escribimos hoxe EL NOROESTE somos amigos de que as verbas
de ofrecemento vayan seguidas dos feitos reales. Estamos cheos en
Galicia de promesas, porque hastra o de agora todol-os políticos
de oficio que por aquí viñeron e todol-os gallegos de léngoa que
se meteron n'eses tobos escuros da endiañada política, non viviron
máis que de promesas e soyo con promesas engayolaban ós pobos que
sempre foron e disgraciadamente ainda son uns malpocadiños.
Vai sendo tempo de que se troquen os moldes vellos, que xa están
en descreto total. Por eso nós queremos dal-o exempro, comenzando
por cumprir o que fai poucos días dixemos de ir paseniño, paseniño,
n'esta labor do galleguismo fondo e sinceiro que non debe andar
en léngoas nin en prumas, sinon que debe estar nos corazós e nas
conciencias para meterse nas almas y-enterrarse nos espritos. Imos
dispacio por que así chegaremos lonxe. D'este modo non hai medo
ôs tropezos.
¿Qué cal é o ouxeto y-a finalidá d'esteas follas en galego? Dirémolo.
Non se trata de grandes cousas nin de trascendentales probremas.
Trátase de que a nosa fala melosiña vaya pouquiño a pouquiño ganando
terreo nas conciencias, para que non haxa gallodos desleigados que
se avergoncen de selo e de falar n'esta doce, n'esta meiga léngoa
que é "falar das fadas", "idioma en que garulan os paxaros, en que
falan os ánxeles ôs nenos"... Por estas páxinas, sin mais pretensiós
que esa de inzal-o noso idioma, irán pasando todol-os nomes dos
que escribiron y-scriben en prosa gallega e todol-os poetas da terra,
que compuñeron os seus versos na nosa léngoa nai, como o grorioso
Curros y-o barudo Pondal y-a santa Rosalía.
Serán, pois, estas follas probiñas unha colección que, co tempo,
figurará entr'as máis enxebres da literatura gallega Serán para
todol-os que as garden e queiran encuadernalas, unha compreta Antoloxía
d'escritores gallegos, dend'os que están consagrados hastr'os que
inda empezan. Cobizamos facer d'estas páxinas unha xuntanza agarimosa
de xentes vellas e xentes novas. D'este xeito haberá n'eles todo
o respeto e toda a admiración que merecen os nosos crásicos, e toda
a preteunción e toda a axuda que hai que darlle ôs nosos principiantes.
Son chegadol-os tempos en que fai falla sumar todol-os esforzos
e todol-os valementos. A nosa obra será eso. Abrirlle á porta á
cantos teñan condiciós para sentarse a tomal-o sol n'esta humilde
solaina da literatura da nosa terra. Coidamos cumprir d'esta maneira
un deber de gallegos verdadeiros, e temos por seguro que así faremos
unha labor de sinceira Irmandade onde queipan todos. ¡Terra a nosa!
¡Fala a nosa!
|
| |
|
|