|
|
NA
XUNTAZA ESTÁ A
FORZA E NA FORZA
ESTÁ O TRUNFO.
TEXTOS
+textos
"El Noroeste", 20 de marzo, 1919
Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo
Para esta labor de redimil-o noso doce idioma do esquecemento en
que dorme acurrunchado, e facer que o entendan todol-os que queiran
entendelo, cantamos con que non han de faltarnos as patriótecas
axudas dos gallegos de boa fe, dos fillos amantes d'esta meiga terra,
dos bós e xenerosos, de que falou nas súas bariles estrofas a musa
ossiánica do noso bardo Pondal.
Todos levamos dentro de nós unha obriga moral que temos de cumprir
honradamente. Deixémonos de parolas. As parolas son leria; as parolas
lévaas o vento. Saen dos beizos, esbaran pol-os auídos, póusanse
un istantiño nos miolos, fan correl-a sangue a borbollós pol-o corpo
adiante, dan pulos d'antusiasmo ôs corazós, sacoden as almas, afervoan
os espirtos, afúndennos no bulleiro enlameirado das nosas pasiós
mezquiñas, érguennos de súpeto por enriba de todol-as cativeces,
y-o fin y-o cabo non son mais nin menos que unha chuvia de foguetes
que estralan e morren, alumeando un pouquichiño os campos das nosas
ideas, para apagárense dispóis mainamente nas escuridades do noso
pensamento, sin deixar máis sinal que uns anacos de fume encolgados
no espazo...
Os gallegos precisamos realidades vivas, algo que nos saque das
nosas vellas morriñas e que nos leve ôs nosos destinos. Xa o di
o enxebre Castelao. Hai que ir fuxindo da gaita e do tamboril como
representación da nosa raza. O alaláa y-a muiñeira y-o aturuxo xa
non poden ser a encarnación das nosas ansias no porvir.
Temos que pensar que estamos en tempos novos e momentos decisivos.
Fainos falla pechar con sete ferrollos a porta do pasado, para que
non volvan a sair pol-as ruas adiante as nosas lilaileiras choromicadas,
de pidinchós que queren vivir da esmola sin saber empregal-as forzas
propias no seu propio ben.
O gran Castelao fáinol-o ver d'unha maneira perfeuta no maxistral
dibuxo simbolista que nos mandou e que vai â cabeza d'estas páxinas.
NOS non hemos de gabar ô noso artista, porque NOS somos NOS, y-esto
abonda. Pero si poderemos decir a todol-os gallegos: vel-ahí est´an-unhas
rayas e n-uns borranchos, coma quen dí, enecrrado todo o probrema
do galleguismo.
Os lions y-as águias que dan vida na pedra ôs capiteles do Pórtico
da Groria e que teñen enriba de sí a pedra dos anos forman como
unha leición práctica que debemos hastra sabela de memoria.
Os gallegos traballadores, os de boa fe, os dos fondos entusiasmos
y-as sanas orientaciós, os que loitan e loitan pol-a redención da
nosa terra, han de comenzar por sel-os lións y-as águias dos novos
tempos, para erguerse coraxudos arrimando o lombo uns ôs outros,
e para guindar a lousa do centralismo que nos esmaga, tirando co-ela
hasta escachizala.
Entonces haberá pr'a nosa terra unha alborada de rexurdimento, porque
morto o centralismo terá que morrer tamén o caciquismo que nos afoga
e que soilo vive das falcatruadas, amparado por esa centralista
forza bruta e absurda que non sabe dar máis que paus de cego e que
na sua iñorancia ou na sua comenencia coido que todol-os pobos son
iguales, como si non tivese cada un a sua característica y-a sua
persoalidade.
Pensen os gallegos de corazón que na xuntanza está a forza e na
forza está o trunfo. ¡Adiante, pois, adiante sempre!
|