|
| |
 |
- Día
15 na Coruña.
"As
linguas e as novas tecnoloxías" A Fundación Pedro Barrié
de la Maza organiza esta xornada de conferencias na que participarán
o catedrático de Lingua Española da Universidade de Santiago e
membro da Real Academia Española, Guillermo Rojo, e o catedrático
de Filoloxía Románica da USC e membro da Real Academia Galega,
Antón Santamarina.
-
Día
15 en Compostela ás 20:30h.
A
Universidade de Santiago súmase ás celebracións do Día das Letras
Galegas con este acto literario no que se presentará o volume
Eladio Rodríguez. Día das Letras Galegas 2001. De seguido, o catedrático
emérito da de Filoloxía Galega, Alonso Montero, pronunciará unha
conferencia titulada Eladio Rodríguez: Biografía e Letras , nun
acto que contará coa asistencia do rector da Universidade de Santiago,
Darío Villanueva.
- Día
16 na Coruña
"Breviario enciclopédico Don Eladio".
A Real Academia Galega presenta a obra Breviario enciclopédico
Don Eladio nun acto ó que acudirán o presidente da RAG, Fernández
del Riego, e o responsable da edición do libro, Camilo Valdeorras.
-
Día
16 en Compostela ás 12:00h.
Final do Correlingua. A carreira partirá ás 12h da praza da Quintana
e retornará ó mesmo lugar, onde se celebrará un sorteo de regalos
entre os participantese Ana Romaní lerá o manifesto desta edición.
- Día
16 en Ponteceso ás 18:00h.
I Encontro
de Normalización, organizado pola Asociación Cultural
Monte Branco de Couto, a cargo de Mini e Mero, que tratará
sobre "Romances e cantares de cego", no Salón
de Plenos da localidade.
- Día
16 en Ferrol.
A Universidade da Coruña organiza no
campus de Ferrol unha serie de actos que presidirá o rector José
Luis Meilán Gil, e que comenzarán coa conferencia do catedrático
da UDC Xosé María Dobarro, titulada Eladio Rodríguez na cultura
galega. Posteriormente terá lugar un recital poético a cargo do
escritor Manuel María e como conclusión á xornada tense programado
un concerto de piano, saxo e oboe con José Carlos Areán, Araceli
Saavedra e Jesús Camiña.
- Día
16 nas Pontes.
Comeza Festival pola lingua e patrimonio
en As Pontes con "A maxia e a carallada", espectáculo de Antón
Romarís.
- Día
17 en Compostela ás 10:30h.
"Marcha ciclista das Letras Galegas"
organizada polo colexio La Salle e o Clube Ciclista de Mobles
Compostela. Sairá ás 10:30h da Praza do Obradoiro
e concluirá no Panteón de Galegos Ilustres.
- Día
17 en Compostela ás 10:30h.
Peculiar homenaxe ó Día
das Letras Galegas da man da "Ruta Rosaliana de motocicletas
clásicas" que partirá. ás dez e media
da mañá, de Santiago
cara Padrón, previo paso por Brión e Bastavales.
-
Día
17 en Carballo de 11:00 a 21:00h.
Pequena homenaxe a Eladio Rodríguez a través desta
maratón de lectura, baixo o lema "Dez horas lendo",
na que se recordarán ós 40 autores homenaxeados
nas sucesivas edicións das Letras. O Departamento de Cultura
de Carballo pretende involucrar ó maior número posible
de cidadáns a través desta iniciativa que inclúe
tamén actuacións musicais no Conservatorio Municipal.
|
- Día
17 en Compostela ás 12:00h.
A Mesa pola Normalización Lingüística convoca esta manifestación
baixo o lema "O galego no ensino, materia pendente",
na que participarán o BNG, CCOO, CIG, EdeG e a Plataforma Galega
polo Ensino. Os participantes reivindicarán unha maior presencia
do galego nas aulas, así como o cumprimento da normativa lingüística.
- Día
17 en Maniños ás 20:00h.
A Sociedade Cultural O Pote de Maniños
aproveita a festividade do Día das Letras Galegas para inaugurar
as exposición de traballos realizados nas escolas da entidade
(debuxo e pintura, punto canario, e corte e confección). O acto
terá lugar ás oito da tarde e estará seguido pola actuación da
coral do Casino de Franza, o grupo de gaitas Os Piñeirenses e
a escola de gaitas de O Pote.
- Día
17 Ferrol.
Mesa redonda sobre "Vida e obra de Eladio Rodríguez", coa intervención
de David Otero e Bonifacio Borreiros, concelleiro de cultura de
Ferrol. Alameda, Feira do Libro.
17:00h
Concerto da Escola de Gaitas de Galicia
de Caranza.no local social de Marmacón. A continuación, charla
sobre Eladio Rodriguez a cargo de Ramón Loureiro, escritor e xornalista.
Na mesma tarde, celebrarase unha actuación da Agrupación de Acordeóns,
e músicos do Conservatorio ofrecerán unha actuación con pezas
de Telemann e Coreli. As corais Ecos de Chamorro e Santa Cecilia
pecharán o programa.
- Día
17 Cabana.
Mostra folclórica "Encontro
en Cabana", coa actuación do grupo de gaitas "Inllar" e a participación
de grupos locais.
- Día
17 nas Pontes.
Recital
María Campo, concerto de Cachimonia e "Quenpallou". Local do Liceo.
- Día
17 Cabana.
Comeza a mostra
de traxes típicos galegos no local social de Anós
- Día
23 en Neda ás 20:00h.
Coloquio sobre Eladio Rodríguez. Xosé Manuel Varela será o voceiro
desta conferencia na que se analizará a figura de Eladio Rodríguez
como protagonista do Día das Letras Galegas 2001. O coloquio que
se celebrará na Casa de Palmeiras, dará comezo ás oito da tarde
e a entrada é gratuita. A organización do evento conta coa colaboracion
de Edicións Xerais.
- Día
26 en Cabana.
Representación da obra "Os habitantes
da casa deshabitdada" a cargo dos actores de Tranghallada Teatro.
- Día
28 en Oleiros.
Celebración
da segunda xornada do "Festival da Palabra" polo que a Casa
da Xuventude acollerá recitais poéticos, contacontos
e diversas actuacións musicais.
- Día
30 en Cabana.
Contacontos
nas escolas do concello a cargo da compañía Trinke Trinke. Saída
cultural ós obradoiros da carpinteiría de ribeira "O Tecelán".
|
|
|