COLABORACIONS
  Marcos Valcárcel
O escritor fai lembranza de Carlos Casares nos fiadoiros de Ourense
  Mago Antón
O coñecido prestidixitador lamenta o pesar sobre o pasamento de Casares
  Iago Seara
O arquitecto e coordinador das Seccións de Arquitectura e Artes Plásticas
achega a súa visión sobre Casares.

 
   
 
 
 

MAGO ANTÓN
O coñecido prestidixitador lamenta o pesar sobre o pasamento de Casares
   
15.10h


Fai agora 18 anos coincidín con Carlos Casares en Suiza , él falaba da literatura galega para que os emigrantes non esqueceran as súas raices e eu facia maxia para que voltasen canto antes . Tiven a ocasión de coñecelo de cerca, que é a mellor maneira de coñecer as persoas

. Descubrín dentro de él a un neno que se sorprendía de todas as maxias que lle facia no momento máis inesperado. Lembro a impresión que lle causou O Facundo cando o saquei da maleta unha das noites na habitación do hotel. Logo regresamos a Galicia e un día descubrín un artigo que me sorprendeu moitísimo. Falaba de un mago que era un soñador e un finxidor. As súas palabras aparecían por arte de maxia e provocaron en min unha emoción moi difícil de describir. Desde aquela quedou a semente de unha amizade que se foi cultivando ata os días de hoxe. Cando nos atopabamos sempre se preocupaba pola miña traxectoria máxico-profesional e lembrabamos aquel primeiro encontro nunha terra allea.

Fai agora 8 anos visiteino na súa casa de Nigrán. Falamos do espectáculo da "Vía láctea" que él tivera a ocasión de ver en Santiago un ano antes e conteille a miña nova teima. Eu estaba traballando nunha nova historia que quería poñer en marcha e que se chamaría "O neno que quixo voar". Conteilla e gustoulle.

Estou escribindo estas palabras e teño unha dolor no peito que xa non desaparecerá nunca. Aquela historia aínda está inacabada e sempre pensei que él estaría na estrea de ese espectáculo. Gustaríame ser mago de verdade para volver o tempo atrás e para que a maxia fixera o verdadeiro milagre: O milagre de que él estivera presente en un espectáculo onde voar xa non seria a maxia máis importante.

 


 

Cultura Galega.org
Especiais / Arte / Comunicación / Música / Espectáculos / Historia / Lingua e Literatura / Sociedade /
Certames / Arquivos / Participa / Xénese / Alén da Terra / Zona Cultura / Colaboracións
Correo / Acerca de Cultura Galega.org


Cultura Galega.org é unha iniciativa do Consello da Cultura Galega
©Consello da Cultura Galega, 2000