|
|
A
SUA VOZ |
|
Un
soño na sua voz
Hai a penas quince días, Carlos Casares gravaba
un conto breve para a Radio Galega como parte dun proxecto
que a CRTVG está levando adiante para recompilar
a voz dos autores da nosa literatura. Casares titularía
'A radio, un soño' a esta narración na súa
voz.
|
|
A
literatura infantil, a grande paixón
'Da
terra e dos tempos', un programa de RNE na Coruña,
emitiu o 27 de decembro de 1973 unha entrevista na que
Casares aborda o concepto da nova narrativa galega así
como o futuro da literatura infantil galega pola que amosou
un grande interese da que son mostra títulos como
A galiña azul (1968), As laranxas máis
laranxas de tódalas laranxas ou O can Rin
e o lobo Crispín (1983).
|
|
O
futuro da lingua
Na
entrevista en Da terra e dos tempos, Casares abordaría
a polémica do futuro da lingua, respostando ás
dúbidas da supervivencia do idioma coas teses de
Ramón Piñeiro sobre o tema, establecendo
unha clara diferencia entre o galego no ámbito
rural e nas cidades, nas que o galego aínda non
se implantara como lingua de cultura.
|
|
Xoguetes
para un tempo
Carlos
Casares le parte da súa obra "Xoguetes para
un tempo prohibido", no volumen Poetas e Narradores.
|
|
|
|