|
NA
REDE
O
pasamento de Carlos Casares, presidente do Consello da
Cultura, conmocionou os alicerces dos máximos representantes
da cultura galega. Os medios de comunicación on-line,
tanto galegos como do resto do Estado Español,
fixeron un importante esforzo por contar as primeiras
informacións sobre este tráxico suceso así
como resaltar a obra e a figura deste insigne intelectual
galego. |
|
|
15.10h
|
Lavozdegalicia.com
O xornal La Voz de Galicia, onde escribía tódolos
días Carlos Casares a súa columna, publica
unha amplia información sobre a súa vida
e obra. Este xornal publica o último artigo de
Casares en formato PDF e fai un amplo percorrido sobre
a vida e obra do autor finado o pasado sábado.
Manuel Fraga, Xosé Ramón Barreiro, Manuel
Rivas e Bieito Rubido opinan sobre o presidente do Consello
da Cultura Galega. |
|
Elcorreogallego.es
O xornal compostelán ofrece un especial sobre o
pasamento do escritor que aglutina todas as novas publicadas
sobre o acontecemento. A opinión deste especial
leva a sinatura de Xesús Pérez Varela, Carlos
Luis Rodríguez, Dolores Vilavedra, Constantino
García, Darío Villanueva, Agustín
Sixto Seco e Marcos Valcárcel. |
|
Elprogreso.es
O diario lugués inclúe na primeira páxina
da súa edición dixital a información
sobre enterramento celebrado onte na igrexa de San Félix
en Nigrán. Unha información que completa
na súa sección de cultura. |
|
Laregion.net
A edicion electrónica do xornal La Región
Internacional inclúe unha noticia sobre o enterro
celebrado onte en Nigrán. |
|
Xornal.com
O xornal dixital xornal.com inclúe na súa
portada unha noticia sobre o enterro de Casares. Dentro
das súas páxinas interiores, tamén
se inclúe un amplo espectro de valoracións
dos principais intelectuais galegos, así como unha
breve reseña biográfica e das súa
obra literaria. |
|
Vieiros
O portal Vieiros recolle desde a súa portada as
últimas informacións relativas ó
pasamento do escritor e xornalista. A información
do pasamento de Casares incluíndo os enlaces más
esenciais para coñecer a vida obra sobre o escritor
de Xinzo, desde onde fan unha noticia. |
|
E-Galicia
Diariodigital
As noticias e as informacións da portada deste
xornal son para o pasamento de Carlos Casares. Nas páxinas
interiores inclúense os prinicpais datos sobre
a vida de Casares así como unha breve referencia
a súa obra. |
|
Diario
de Ferrol
A
edición dixital deste xornal inclúen unha
nova relativa ó enterramento de Casares que tivo
lugar o domingo pola mañá en Nigrán |
|
Diario
de Arousa
A
edición dixital do Diario de Arousa a noticia do
enterramento de Casares ocupa toda a sección de
Galicia. |
|
A
Contrafío
Esta
edición informa na súa portada do pasamento
do Consello da Cultura Galega. Ademais inclúe unha
sección
de opinión, na que existen colaboracións
sobre a figura de Carlos Casares |
|
Elpais.es
A
versión electrónica do xornal madrileño
incluiu a información do pasamento na súa
portada do sábado. Ademais inclúen un artigo
de Manuel Rivas como homenaxe ó escritor. Inclúe
tamén artigos do autor e as declaracións
de Casares con motivo da entrega do Premio Nobel a Saramago.
E as declaracións de importantes personalidades
da cultura española. |
|
Lavanguardia.com
O xornal barcelonés fixo o sábado unha referencia
na súa portada ó pasamento de Carlos Casares.
Xa en páxinas interiores tratou o suceso con enlaces
a noticias relacionadas.
|
|
Larazon.es
La Razón digital informou tamén desde a
portada e nas páxinas interiores do suceso do sábado.
A información saeu publicada o sábado e
incluía unha noticia coas valoracións de
destacados membros da cultura española e galega. |
|
Elperiodico.es
A edición electrónico de El Peridico de
Catalunya fixo o sábado unha chamada na súa
portada ó pasamento de Carlos Casares. Nesta información
destácase a súa faceta como parlamentario
no ano 1981. |
|
ABC.es
A edición electróncia deste xornal inclueu
unha breve información do pasamento de Casares
na súa sección de "Últimas noticias".
|
|
Elmundo.es
O xornal El Mundo, na súa versión dixital
inclueu unha información sobre o pasamento de Casares
na súa primeira páxina da sección
de Cultura. |