O
encontro "Galego no mundo-Latim em pó" reuniu en
Compostela entre o 11 e o 15 de decembro do ano 2000 a máis
de 200 literatos, artistas. comunicadores ou xente emigrada de todos
os países de fala galego-portuguesa do mundo. Entre eles, persoeiros
de fama mundial coma Fausto ou Mia Couto. O encontro xurdiu como un
intento de amosar as posibilidades do galego para comunicarse internacionalmente
e como unha reivindicación da lingua. Máis informacións.
Visita a páxina oficial de Galego no Mundo
Descarga
aquí "Os pousos da Pedra", obra editada con ocasión
do encontro e que inclúe relatos de Suso de Toro, Xurxo Souto,
Quico Cadaval ou Carlos Quiroga entre outros. En PDF, 4,2 Mb
"Do
músculo da boca" é
unha serie de reflexións de escritores e artistas de toda a
lusofonía que foron convidados a Galego no mundo-Latim em pó.
En total son máis de oitenta textos arredor da cuestión
que reuniu ós seus autores en Galicia: A lingua. Podes ler
algúns framentos da obra na páxina do encontro.