| |
A
Estrada
O Recreo Cultural acolle o xoves a las 21.30 horas o
acto de entrega do premio de poesía Avelina Valladares
a Goretti Fariña. Tamén se presenta o
novo número da folla Augasverso á que
seguirá un recital. O Museo do Pobo Estradense
Manuel Reimóndez Portela terá o venres
unha exposición de textos e lecturas. O escritor
David Otero dará unha conferencia antes da inauguración
do triduo literario. Finalmente, a Coral Polifónica
Estradense participa o venres á s 20.30 horas
no VIII Encontro de Corais que se celebra no Parque
Europa de A Coruña.
A Pobra
Concerto do sexteto Na Rúa ás 20.30 horas
no auditorio.
A Rúa
O xoves ás otio haberá a presentaci´n
dun libro do poeta Jorge López no Centro Avenida.
E a actuación da Escola de Gaitas Abertal. E
o venres ás oito terá lugar unha conferencia
de Isidro García tato no Centro Avenida.
Allariz
A vila de Allariz celebra na Praza de Abastos a súa
"Casa das Letras" na que haberá actos
de todos os tipos. No 17 ó 19 convertirase nunha
gran biblioteca co nome de "Mil e pico libros en
galego" onde se atoparán maís dun
milleiro de títulos de todos os xéneros,
unha colección sobre o Padre Sarmiento e dispostos
para a venda. A actividade está organizada pola
librería Torga. Do 13 ó 19 haberá
a exposición "Educación e cultura
de Paz en Galicia". Os actos continuarán
o 17 con teatro, onde un grupo de rapaces estrearán
unha obra do escritor alaricano Marcial Suárez
coa obra "Amigos do Marcial". Os actos rematan
o 22 coa representación de títeres Cachirulo
"A merenda de Gamelón".
Ames
O BNG organiza o xoves actividades de tempo libre dirixidas
ós nenos de O Milladoiro, a partires das 19.00
horas, na praza Manuel Murguía.
Arzúa
O xoves ás 15.30, na aula de teatro infantil
da Asociación Ánxel Casal, o grupo Teatriño
Cubitino interpretará O laberinto da risa. Espectáculo
que levará mañá á casa de
cultura de Arzúa.
Barbadás
o día 18 ás seis haberá a entrega
de premios do Certame literario de Piñor e actuación
do grupo Xoldra, na Casa de Cultura. E o día
19 ás cinco e media terá lugar o Festival
de Bandas de Música. Actúan a de Barbadás
e de Monçao (Portugal). No Parque do Río
Vilasusa (A Valenzá).
Ourense: o día 17 durante todo o día haberá
a Feira do Libro Galego na Rúa do Paseo. Entre
os actos previsto, ás 12 horas terá lugar
un Concerto na Banda Municipal, no Paseo. E ás
oito e media no Teatro Principal representarase "Binomio
de Newton".
Boiro
O xoves haberá a inauguración dunha expsosición
de tallas ás 20:00 horas na sé da asociación
artesanal e etnográfica O Faiado.
Brión
Ata o día 31 estará a Feira do libro na
casa de cultura. O xoves haberá unha entrega
de premios do concurso de debuxo e contos organizado
pola APA do Pedrouzos e un obradoiro de rapa de ovellas
a cargo de Plácido Alonso, e de xabrón
con Mercedes Bouzas. O venres seguen os obradoiros cun
curso de técnica de gaita.
Burela
En Burela terá lugar o habitual concerto e queimada
na paraia da Marosa. Este ano cos concetos dos Diplomáticos
do Acordeón, Alberto Bundi e a Turma e O jarbanzo
Negro. O sábado ás cinco haberá
teatro ara nenos na csa da Cultura, e ás dez
comezará afesta na praia.
Cambre
A Fundación Fernández Flórez celebrará
o sábado día 18 unha lectura dramatizada
de "A miña muller", un texto de Fernández
Flórez.
Carballo
A Banda Municipal de Carballo ofrece o xoves un concerto.
Haberá tamén unha exposición sobre
Castelao titulada As imaxes de Castelao no museo de
Bergantiños, que permanecerá durante todo
o mes de maio.
Carral
Terá lugar un "Festival das letras"
que durará os días 17 e 18 de maio. E
que trae animación de rúa, títeres,
múscia e teatrao.
Cee
O xoves ás 20 horas, no salón de actos,
presentarase o volume. Achegamento ó Libro Además,
se entregarán los premios del XI Concurso Literario
de Achegamento ó Libro e o III Concurso Achegamento
ó Teatro.
Celanova
Durante todo o día 17 Romería Raigame,
en Vilanova dos
Infantes, coa actuacións musicais, xogos populares,
títeres, cantos de cego e artesáns. Na
casa de Xosé Luís Méndez recóllense
sinaturas apoiando a sua candidatura ó Nobel.
Cesures
Desde o día 10 e ata o 17 en horario de 11 a
14 horas e de 17 a 20 horas pola semana e de 11 a 20
horas polo sábado estará aberta a exposición
"O libro dedicado".
Culleredo
O Centro Social e Recreativo de Rutis acolle o venres
17 o festival Días das LetrasGalegas no que participarán
o grupo de baile Rueiriños de Nos (Oleiros) a
Coral de Mulleres A Xeca de Vilaboa, a Agrupación
folklórica Ancoradoira do Concello de Culleredo
e o Grupo folklórico Toxos e Xestas do Centro
social e Recreativo de Rutis. O evento rematará
coa entre dos premios da IX edición do concurso
de debuxo e redacción "letras galegas".
Fene
O CPS organiza para o día 17 a final do "VI
Campionato de Chave" e o día 18 terá
lugar un festival de corais no colexio " A Xunqueira"
no que actuarán "Lembranzas da terra"
de Valdoviño, "Cruceiro de Valón"
e "Luceiro de Alba".
Ferrol
A Concellería de Cultura continúa coa
campaña de recollida de libros en galego que
serán enviados a Arxentina co gallo do Día
das Letras. Todas as persoas, colectivos e entidades
que desexen colaborar, poderán facelo entregando
os seus exemplares ata o día 17. Os lugares habilitados
para a recepción destes libros son o centro cultural
Torrente Ballester, a Biblioteca Central e a Casa do
Concello.
Esta iniciativa, na que colabora a asociación
Fillos de Galicia, está a obter numerosas felicitacións
e agradecementos dende Arxentina. Independentemente
das obras compiladas por medio das doazóns, o
Concello realizará varios envíos nos que
se incluirán libros de narrativa, poesía
e textos científicos. Todos os volumes recollidos
serán remitidos o día 17 a Arxentina,
onde lles serán entregados aos descendentes de
galegos residentes nese país.
Por outra banda, a celebración do Día
das Letras no Concello trasladarase este ano ata a parroquia
de Doniños. Os actos institucionais xirarán
arredor dunha visita que o Padre Sarmiento realizou
á cidade no ano 1745, motivo polo que estarán
centrados en lembrar o Ferrol da Ilustración
que el coñeceu. Entre as actividades organizadas
figuran unha lectura de textos, unha representación
teatral e a actuación da Banda Ferrolá
de Música.
Lugo
O colectivo Ágora Cultural organizou un Paseo
Literario por Lugo o día 18. O día 22
presentarase "Vanguardia gallega" de Xulio
Pardo de Neyra. Hai actividades complementarias como
son o "Festival das letras" e unha representación
teatral organizada pola Delegación de Benestar
Social. O voces haberá un Festival das Letras
da man de Amelga.
Malpica
Actuación musical de Paloma Suanzes no colexio
Milladoiro e espectáculo de guiñol a cargo
de Fantasianimación, en Pedra da Arca no Colexio
Pedra da Arca.
Melide
O xoves preséntase no salón de plenos
do Concello a novela gañadora do primeiro certame
de creación literaria Terra de Melide, titulada
Xuízo final sobre Val Abiso, de Xesús
Lois Mariño.
Moaña: O Centro Cultural Daniel Castelao acolle
unha mostra sobre a figura de Frai Martín Sarmiento.
E para o día 17 está previsto un festival
folclórico a partires das seis da tarde nas pistas
da praza de Moaña. O sábado haberá
un concerto coral na Igrexa Parroquial ás oito
e media da tarde.
Muros
Mañá o centro social, en colaboración
co Concello, organiza no auditorio da casa de cultura
unha charla que será ofrecida por Domingo Barreiros
sobre Frei Martín Sarmiento e un concerto da
coral Diego de Muros. Posteriormente, escenificarase
a obra "Deixame vivir a beira do mar" a cargo
del grupo de teatro de maiores do centro social.
Muxía
A casa de cultura acollerá o xoves, a partir
das seis, a representación dunha obra de teatro
e unha sesión de lectura de contos e lendas sobre
Muxía, así como unha exposición
de traballos manuais. Como colofón actuarán
os nenos da Escola Municipal de Música.
Noia
Os pricipais actos do días das letras terán
lugar o xoves cando se celebrará a charla "O
humor na prensa escrita" a cargo de Pinto e Chinto.
Os actos continúan o xoves pola tarde ás
19.30 horas, teatro e música.
O Carballiño: do 16 ó 19 haberá
unha exposición na Praza Maior de taboleiros
feitos polos estudiantes, coa vida e obra do Padre Sarmiento.
O día 16 ás 20:00 horas haberá
unha tertulia con Ventura Pérez Mariño
no Casino. E o día 22 inaugurarase unha mostra
sobre Sarmiento no Multifuncional.
Rivadavia
O xoves ás doce e media haberá un concerto
para nenos na Casa da Cultura. A medianoite comeza no
Salón de plenos un maratón de lectura
da obra do Padre Sarmiento, que durará todo o
día 17. E ata o 17 a exposición na Casa
da Cultura sobre Frei Martín Sarmiento
O Barco
O día 17 ás once da mañá
o inicio do Maratón de lectura na Casa da Cultura.
Actuación musicacionais.
Outes
O xoves ás 20.00 horas, na casa de cultura, recital
de poesía polos alumnos da escola de teatro do
concello. Ás 20.30 horas fallarase VI Certame
Francisco Añón de Poesía e presentación
do libro que recolle os poemarios galardoados na edición
anterior.
Padrón
O IES Macías O Namorado organiza o xoves unha
carreira pola lingua á que seguirán xogos
populares, actuación musical da Psicofónica
de Conxo e o Coro Macías O Namorado. A xornada
do xoves rematará coa entrega de premios da carreira..
Ponteceso
No programa organizado pola Asociación Cultural
Monte Branco destacan os II encontros de normalización,
do xoves o sábado. Ademáis, o xoves na
Casa dos Veciños de O Couto, poemas cantados
a cargo do grupo Mamá Cabra, a partires das 22.00,
e ás 23.00, representación da obra de
teatro Menos lobos, a cargo de Talía Teatro.
Pontevedra
A cidade de Pontevedra acollerá os actos oficiais
relativos ó días das letras galegas. Por
eso o día 17 a Real Academia celebrará
na cidade do Lérez. Ese día á 12:30
no Teatro Principal haberá unha sesións
plenaria extraordinaria na que intervirán Alonso
Montero, Francisco Díaz-Fierros, Xesús
Ferro Ruibal e Xosé Ramón Barreiro. O
día 19 a Asociación Cultural O Burgo ten
preparada unha romaría popular a celebrar na
Horta de Paz Andrade. O día 18 haberá
unha Noite Poética das Letras Galegas de dez
a doce da noite na praza da Verdura (soportais da Casa
da Luz).
Porto do Son
O xoves ás 20 horas, no Centro de Interpretación
do Castro de Baroña, presentarase o libro Seres
galegos das augas (Mitoloxía comparada) do escritor
Xoán Xosé Teijeiro Rey
Ribeira
O xoves ás 15.45 horas xogos populares no CEIP
O Grupo.
Rivadavia
A casa da Cultura acolle ata o dia 17 a mostra sobre
a Vida e obra de Frai Martín Sarmiento que patrocina
a Dirección Xeral de Política Lingüística.
Tomiño (Pontevedra):A concellalía de cultura
ten prevista unha serie de actuacións que forman
parte do seu maio cultural. O martes 14 haberá
unha representación teatral a cargo de "Títeres
Cachirulo". O día 17 haberá unha
festa do libro no casco urbano e ás oito actuará
o grupo "A Lareira" de A Guarda co Centro
Cultural de Estás. O día 18, o Centro
Cultural de Figuerió centrará os seus
actos nun concerto.
Santiago
-Ás doce da mañá no Consello da
Cultura Galega terá lugar a Presentación
do "Coloquio en mil duascentas coplas galegas",
de Frei Martín Sarmiento.
Trátase dunha edicion facsimilar deste orixinal
autógrafo.
-O Concello terá a habitual xuntanza de escritores
para celebrar esa homenaxe.
-A Assembleia da língua ten previsto para o día
17 o seguinte programa de actos que teñen como
sé da súa celebración a praza de
Mazarelos. O programa de actos é o seguinte:
11:30 - Carnavalesco pasarúas: con batucada e
gaitas, polas rúas da zona vella compostelana.
Levará o lema "A NOSSA LÍNGUA É
MUNDIAL" e terá de saida e entrada de Mazarelos.
Á 13:30 haberá un xantar vexetariano na
praza de Mazarelos. E seguidamente haberá xogos
populares. Ás sete haberá un "Paposseco
hour" e ás oito haberá un contacontos
a cargo dun contacontors brasileiro e unha galega. Ás
nove haberá un concerto coas actuacións
de Zanga-lha, Manga-lha (Folk), Brasil & Funk (Bossa
Nova e Funk) e Skárnio (Ská) e sesión
DJs. O recén restaurado Casino de Santiago tamén
se une ós actos de celebración, e faino
con entregando o xoves o galardón ó premiado
co seu primeiro concurso Letras Galegas e unha exposición
de Xulio Maside. -O xoves haberá un concerto
extraordiario do día das letras no que actuarán
a Filharmonía de Galicia e o Orfeón Terra
a Nosa que será ás nove no Auditorio de
Galicia.
Val do Dubra
O BNG invita ós veciños a participar nunha
marcha reivindiativa desde Portomouro ata o entorno
natural dos muíños de Rodas e que rematará
coa lectura dun dos textos do Padre Sarmiento.
Valga
Galiza Nova organiza o venres no campo de fútbol
xogos tradicionais e actuacións musicais, a cargo
do grupo de gaitas e danzas de Valga, Leña Verde,
de Catoira, Pinto de Herbón, Xoldra e The Happy
Frog.
Vedra
O venres está previsto un Contacontos ás
22.30 horas, na Taberna do Ferrador.
Vigo
O servicio de Normalización da universidade acolle
un ciclo de conferencias que se desenvolven no Auditorio
de Caixa Galicia de Vigo. O luns 13, ás 20:00
horas da man de Yan Rivallain (xornalista que falará
sobre as Linguas mediterráneas), o martes 14
será o turno de Henrique Costas (cunha conferencia
titulada "Linguas da península ibérica")
A Casa Galega da Cultura acollerá unha exposición
titulada "O padre Sarmiento" que se poderá
visitar ata o día 18 de maio.
Zas
La compañía Ulalume pon en escea hoxe
no colexio de Baio o contacontos "Esto era que
había... "
Alén
da terra
As
letras galegas celebraranse tamén naqueles lugares
que aínda conservan, por unha ou otra vía,
algo que os relacione con Galicia. Henrique Monteagudo
viaxará por diferentes cidades europeas para explicar
nos locais da sociedade A Nosa Galicia a figura do homenaxeado.
As citas serán o día 19 en Zürich,
o 26 en París, o 17 en Andorra e Bruxelas.
Andorra
A Casa de Galicia acollerá actos durante toda
a fin de semana. O sábado a profesora Aurora Marcos
ofrecerá un perfil sobre o pai Martín Sarmiento
e o domingo celebrará un concerto de música
tradicional galega.
Barcelona
O xoves 16 terá lugar unha obra de Tetro Radiofónico,
polo grupo de Teatro galego da Universidade de Barcelona,
dirixido por Camilo F. Valdehoras, no programa Morriña
de Radio Unión Cataluña. O Venres 31 de
maio haberá un concerto de peche dos Cursos de
Lingua e Cultura Galegas polo Coro Universitario Galego
de Barcelona. E durante todoo mes haberá unha exposición
bilbiográfica sobre Fr. Martín Sarmiento,
na Biblioteca xeral da Universitat de Barcelona.
Bruxelas
O centro Galego ten organizdo para o venres unha
conferencia e unha gran queimada. E o sábado
a Fundación Galicia-Europa patrocina unha lectura
escenificada da obra de Cunqueiro, "O incerto señor
don Hamlet, príncipe de Dinamarca". E pechan
o programa de actos da capital europea a Asociación
Cultura Belgaliza coa conferencia de Víctor Freixanes.
Gotemburgo
A Irmandade Galega acollerá 25 un festival de
música de jazz. E ademais celebrara unha tertulia
na que participarán escritores lusófonos,
hispanos e suecos.
Padua
O lectorado de galego da Universidade de Padua organiza
o venres "Vocis da Finis Terrae" un espectáculo
de lírica medieval cantada e un recital.
Rotterdam
No lar Galego de Rotterdam Víctor Freixanes
falará da situación da literatura galega
no estranxeiro.
Salamanca
O lectorado de galego na Universidade Salmantina organiza
dous ciclos, un de cine e outro de literatura, para
resaltar o día das letras galegas. O de literatura
desenvolverase o día 14 de maio, e abrirase cunha
conferencia a cargo de Alnso Monetero. O día
17 farase entrega dos premios do I Certame de Narración
cura do lectorado.
Villafranca
do Bierzo
Numerosos actos que forman parte da campaña "Pola
lingua que nos une" ofrecerán o día
19 un pasarrúas, unha concentración na
praza maior da vila e, xa pola tarde, un festival poético
musical.
Vitoria- Gasteiz
A Universidade do País Vasco organizou durante
toda a semana unha seri de exposición. O xoves
Xosé María Dobarro da Universidade da
Coruña que falará sobre Sarmiento e a
literatura popular. O venres haberá un recital
de poesía galega a cargo do grupo Xuxurlak Rapsodas
con Pilar Corcuera e Txiko Tostado con música
de Victor Gutiérrez. Á unha e media do
venres haberá unha presentación e degustación
de viños e queixos de Galicia.
Vilafranca
Vilafranca do Bierzo acolle este ano moitos dos
actos de celebración do Día das Letras
Galegas. Durante o 14, 15 e 16 terá lugar a 37
edición do certame nacional de poesía.
O día 17 a Asociación Fala Ceibe de Ponferrada
entregará os premios de debuxoe relatosque convocou
con motivo do Día das Letras Galegas. O 18 inaugurarase
a exposición itinerante sobre Sarmiento, un acto
académico no teatro municipal e a presentación
dun libro de Santos Puertos.
|