| |
Coloquio
en mil duascentas coplas galegas.
Segundo o seu editor e descubridor, Henrique
Monteagudo, coordinador do Proxecto Sarmiento, este
facsímile dun orixinal autógrafo do Padre
Sarmiento "é un dos primeiros ensaios do
cultivo do galego escrito despois da decadencia tardo-medieval.
Isto outórgalle unha significación absolutamente
emblemática na historia do idioma galego".
O Coloquio foi redactado por Frai Martín Sarmiento
a finais de 1746. O documento orixinal está na
Biblioteca Nacional (Madrid). A edición é
do Consello da Cultura Galega.
Descárgao en PDF.
El Gran Gallego.
Facsímile dunha biografía de Fray Martín
Sarmiento elaborada por Antolín López
Peláez e publicada pola Biblioteca Gallega, na
Coruña, en 1895. O libro está editado
polo Consello da Cultura Galega e o orixinal para a
edición foi cedido pola Real Academia Galega.
Descárgao
en PDF.
INÉDITO
Inscripción
romana en la Limia, al norte de Xinzo.
Trátase dun pequeno estudio enviado por Frai
Martín Sarmiento en 1759 dende Madrid a un crego
da comarca de Xinzo, no que analiza unha inscripción
romana da que lle fora remitida a transcripción.
Esta pequena carta está chea de anotacións
persoais e da filosofía de Sarmiento sobre a
investigación histórica.
Descárgao
en PDF.
Reflexiones literarias
para una biblioteca real.
Este libro, de José Santos Puerto, é unha
edición dun texto redactado por Frai Martín
Sarmiento para a creación da Biblioteca Real
de Madrid, e no que o frade berciano amosa a súa
erudición.
Descárgao en
PDF.
|