Usuarios: Exemplo de boletín
 

Exemplo de boletín diario de culturagalega.org

CULTURAGALEGA.ORG - NOVAS
[Contidos culturais para xente enredada]
http://www.culturagalega.org
===================================
Xoves, 23 de Maio de 2002
===================================


HOXE NA CULTURA

1. O primeiro texto en galego é 40 anos máis antigo que os coñecidos ata agora
2. O equipo de Senén ponse a andar e na Coruña comeza o proceso electoral
3. Redondela e Monção irmándanse mediante as súas festas da Coca
4. A Xunta presenta un informe que revela que o audiovisual factura 150 millóns anuais

________________


HOXE NA CULTURA

1. O primeiro texto en galego é 40 anos máis antigo que os coñecidos ata agora

Trinta e nove anos máis, aproximadamente, de antigüidade documentada na escrita é o que veñen de obter o galego e o portugués coa descuberta dun texto redactado no noso idioma en 1175. A descuberta foi presentada onte polo profesor de Filoloxía Xosé Antonio Souto Cabo, durante unha xuntanza internacional de filólogos que se desenvolveu en Braga estes días. Mentres, está convocada para o sábado a xuntanza convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística para reflexionar sobre o futuro da nosa lingua, e en Pontevedra vén de iniciarse o congreso dedicado á figura de Frei Martín Sarmiento.

http://www.culturagalega.org/lliteratura/0502/llit_23052_1.htm


2. O equipo de Senén ponse a andar e na Coruña comeza o proceso electoral

Uns veñen e outros van. En plena resaca das eleccións electorais celebradas na Universidade de Santiago, o equipo de Senén Barro comeza a ocupar os seus cargos, mentras se comezan a coñecer os resultados do Claustro. E, mentres se completa o período electoral da USC, a outra universidade que quedaba por convocar eleccións, a da Coruña, abre o seu proceso coa publicación dos censos definitivos nas facultades e escolas da cidade herculina.

http://www.culturagalega.org/sociedade/0502/soc_23052_1.htm


3. Redondela e Monção irmándanse mediante as súas festas da Coca

As festas que recrean os ataques de senllos dragóns ou bestas míticas ás vilas de Redondela e Monção serán un dos puntos máis apoiado no irmandamento entre estas dúas vilas. Aínda que a relación transfronteiriza estableceuse hai xa dous anos, sera a paritr deste mes cando se inicien as actividades comúns. E outra festa que se verá reforzada é a da Dorna de Ribeira, que celebrará finalmente a súa quinquaxésimo cuarta edición gracias á mobilización popular acadada pola asociación organizadora.

http://www.culturagalega.org/sociedade/0502/soc_23052_2.htm


4. A Xunta presenta un informe que revela que o audiovisual factura 150 millóns anuais

Hai uns meses a Xunta anunciaba que concentraría os seus esforzos para relanzar o audiovisual e para iso implicaría liñas de actuación que afectasen a varias consellerías. Primeiro foi a de Industria, que a través do IGAPE, anunciaba a creación de axudas e de liñas de crédito para fomentar e impulsar o financiamento de proxectos audiovisuais. Agora toma o relevo a Consellería de Familia que inaugurou unha xornada de presentación sobre o "Estudio de necesidades formativas no sector Audiovisual en Galicia" . Unha xornada na que o presidente da Xunta de Galicia aproveitou para facer público un estudio elaborado conxuntamente co Asociación Galega de Productoras Audiovisuais (Agapi) que o audiovisual galego facturaba 150 millóns de euros anuais.

http://www.culturagalega.org/espectaculos/0502/esp_23052_1.htm

Un saúdo da redacción.


Culturagalega.org
[Contidos culturais para xente enredada]
Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º andar
15705 Santiago de Compostela
Telf: +34 981569020
Fax: +34 981 588699
E-mail: redaccion@culturagalega.org






Información
Noticias
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org